Estudantes do CIFP Compostela mobilízanse por un transporte «digno»
Esixen a ampliación do dereito ao transporte escolar ás etapas de FP, mentras que o Concello promételle un axuste de horarios dos buses urbanos

Concentración de protesta no CIFP Compostela ante os problemas de transporte / Antonio Hernández

Arredor dun centenar de estudantes do CIFP Compostela mobilizáronse este mércores na defensa dun «transporte digno» ao estar os autobuses urbanos «saturados» para chegar ata o centro, o que supón dificultades para chegar ás aulas. A maiores, realizaron un paro académico de 12 a 14.30 horas.
Dende o sindicato Erguer, encargado de convocar a concentración, esixen á Xunta a ampliación do dereito ao transporte escolar ás etapas de ensino non obrigatorio sempre que sexan centros públicos. Neste caso, segundo sinala Iago Vilas, membro do Consello Nacional de Erguer, «sería preciso un bus lanzadeira entre o centro e a cidade para que o alumnado poida chegar ás aulas sen dificultades».
Se ben se trata dunha problemática que se ven acarreando dende hai anos, dende o sindicato decidiron actuar agora «porque é cando máis queixas estabamos recibindo e consideramos que era bo que os estudantes esisixiran melloras».
A semana pasada estudantes do centro e membros de Erguer reuníronse co concelleiro de Mobilidade quen lle garantiu un axuste de itinerarios e horarios, «pero entendemos que non debe ser responsabilidade do Concello porque estamos a falar de centos de estudantes afectados; é competencia da Xunta». Coa chegada do novo contrato para renovar a flota de buses da cidade, Xan Duro asegurou que «a mellora do servizo sería máis ampla, en concreto aportando máis buses».
A principal consecuencia desta situación é que parte do alumnado chega tarde ás aulas e na saída, marcada para as 14.30 horas, «teñen que saír quince minutos antes para coller o transporte, o que se converte nun problema que afecta ao profesorado».
Iago Vilas sinala que dende a dirección do centro non recibiron apoio. «Negáronnos o dereito a difundir a convocatoria no centro cando as organizacións estudantís teñen dereito a facer chegar a información aos estudantes», di.
«En Bacharelato ou FP hai 250 liñas estratéxicas cerca dos centros»
Dende a Consellería de Presidencia, encargada do transporte, sinalan a EL CORREO GALLEGO que a Xunta garantiza ao alumnado o acceso público gratuito con «3.380 liñas para cubrir as necesidades de 81.000 alumnos de ensinanzas obrigatorias na comunidade (2.200 son liñas integradas para uso compartido)». En ensinanzas non obrigatorias (Bacharelato ou FP) «hai 250 liñas estratéxicas cerca dos centros educativos». Con todo, o goberno galego manifesta que «trata de atender na medida do posible as demandas deste alumnado sen dereito a transporte escolar».
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Un estudiante de Santiago logra el oro en las olimpiadas nacionales de FP
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'
- Nuevo movimiento en la 'milla de oro' de Santiago: Ela Diz deja el casco histórico y se va a Xeneral Pardiñas
- Crónica social compostelana | Comida de extrabajadores de la desaparecida empresa Daviña

