Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Santiago

Rosón pide a cobertura da dirección da Banda Municipal de Música

A praza permanece vacante dende o pasado mes de agosto

Mercedes Rosón, na sala de prensa de Raxoi

Mercedes Rosón, na sala de prensa de Raxoi / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

A Banda Municipal de Música permanece sen director desde o mes de agosto, cando o anterior, David Fiuza, tivo que abandonar o seu posto para volver ao de director titular da Banda Municipal de Lugo, praza que ten en propiedade e na que levaba tres anos en excedencia.

Deste xeito, a formación de Santiago atópase na actualidade sen director, o que en palabras de Mercedes Rosón «debe ser corrixido canto antes para garantir o bo facer deste servizo municipal que achega a cultura, a música clásica e contemporánea, ás nosas veciñas e veciños».

«Ningunha solución»

A edil socialista denunciou a situación, entre críticas pola inacción da actual concelleira de Cultura. «É inexplicable que a señora Louzao, sabendo desde maio que o anterior director tiña que abandonar o seu posto, non ofrecese ningunha solución ao respecto».

Desde o Grupo Municipal Socialista explican que Fiuza teríalle comunicado formalmente ao Concello a intención de presentar a súa dimisión o 21 de maio, unha dimisión que se fixo efectiva o 21 de agosto, sen alternativa á vista para o seu reemplazo.

Pregunta no pleno

Esta cuestión xa foi motivo para que o Grupo Municipal Socialista presentase unha pregunta de resposta escrita no mes de setembro e que, segundo denuncian, non tivo resposta ata agora por parte do executivo local. Por iso, dous meses máis tarde, a socialista Mercedes Rosón formulará a mesma pregunta pero de xeito oral no vindeiro pleno municipal.

Tracking Pixel Contents