Unha escolma da obra do ourive Manuel Dávila no Museo da Peregrinacións
Pezas de pratería, fotografías e ferramentas poden verse no primeiro andar até o 31 de marzo

O ourive compostelán Manuel Dávila / Cedida
Redacción
O Museo das Peregrinacións acolleu no serán deste xoves o acto de inauguración da mostra Manuel Dávila: a pegada do oficio na vida, unha exposición centrada na obra deste veterano prateiro compostelán que organiza a asociación Ourives de Compostela –e que conta coa colaboración do museo, do Concello de Santiago, da Deputación da Coruña e da Fundación Artesanía de Galicia da Xunta–.
Na exposición, que permanecerá aberta no primeiro andar do museo até o 31 de marzo de 2025, poden verse, ademais de pezas de ourivería elaboradas por Dávila e traídas dende de Sanxenxo, Viveiro ou o convento de Santo Agostiño de Santiago, fotografías, ferramentas e material profesional e persoal de «toda una vida de traballo e superación».
O público asistente á inauguración testemuñou o afecto de Compostela pola súa orfebrería, parte da esencia da cidade dende a súa fundación. Por parte da representación institucional tomaron a palabra no acto a tenente de alcaldesa María Rozas, a deputada provincial Soledad Agra e Eugenia Pérez, directora xeral de F.P. da Xunta, que destacou «o exemplo que constitúe Manuel Dávila para os alumnos do ciclo dual que se imparte na EASD Mestre Mateo».
Ao acto inaugural tamén asistiron Esperanza Gigirey, directora do museo, e Adela Dávila, neta do prateiro e parte activa na organización desta exposición da que é comisaria. Dende Ourives de Compostela, Enrique Fink quixo trasladar a «satisfacción que para nós supón poder celebrar esta homenaxe a un profesional tan destacado e aprezado».
Os presentes tamén recordaron o traballo de Manuel Dávila a prol do Plan estratéxico dos ourives de Compostela.
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Un estudiante de Santiago logra el oro en las olimpiadas nacionales de FP
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'
- Nuevo movimiento en la 'milla de oro' de Santiago: Ela Diz deja el casco histórico y se va a Xeneral Pardiñas
- Crónica social compostelana | Comida de extrabajadores de la desaparecida empresa Daviña
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
