Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O IES Rosalía de Castro convoca o VII Premio Stephen Hawking coa coordinación de Marisol Soengas

Baixo o lema "Iniciativa e superación" convocase o VII certame cun obxectivo claro: o fomento da vocación científica

Marisol Soengas

Marisol Soengas / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

El Correo Gallego

Santiago

O IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, coa colaboración da Xunta a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional, convoca o VII Premio Stephen Hawking. Un certame que contempla a realización de traballos orixinais de investigación ou de divulgación asinados por estudantes de Bacharelato STEM, relacionados co tema de carácter científico proposto na convocatoria.

Nesta sétima edición a coordinadora escollida será a microbióloga Marisol Soengas, nome de referencia internacional no eido da investigación oncolóxica e o lema escollido, Iniciativa e superación. O certame está aberto dende hoxe, ao alumnado dos centros galegos, en especial os que imparten o Bacharelato STEM, e dos centros estatais de ensino público, que estarán coordinados por un/unha docente que se responsabilizará da sua autoría orixinal. Para concorrer, cómpre presentar de forma individual ou colectiva -por grupos de non máis de catro integrantes- proxectos de investigación desenvolvidos no bacharelato entre os cursos 2022-2023, 2023-2024 e 2024-2025.

Bases e prazo de presentación

Os proxectos que se presenten deben planificarse como traballos de investigacións que puideran culminar nun artigo susceptible de ser publicado en revistas científicas, cunha extensión máxima de 4000 palabras. Poderanse presentar traballos en catro campos: Matemáticas e Ciencias da Computación, Ciencias da Saúde, Ciencias Experimentais e Ciencias Sociais, Humanidades e Artes. Os traballos definitivos deberán presentarse antes do martes 18 de marzo a través do correo electrónico: premiostephenhawking@iesrosaliadecastro.org. A xornada de presentación de proxectos fronte ao xurado e a entrega de premios celebraranse na segunda semana de abril de 2025. As bases ao completo deste certame, que contempla a repartición de 4600 euros entre os proxectos premiados e estará patrocinado por entidades privadas como Feiraco, Finsa e Ternera Gallega, poden consultarse no web do IES Rosalía a través desta ligazón.

Perfil Soengas

Marisol Soengas (Agolada, Pontevedra, 1968) iniciou os seus estudos na Universidade da Coruña para logo licenciarse e doutorarse en Bioloxía Molecular pola Universidade Autónoma de Madrid. En 1997 trasladouse ao grupo de Scott Lowe no Cold Spring Harbor Laboratory de Nova York. En 2002 incorporouse ao departamento de Dermatoloxía da Universidade de Michigan para desenvolver un programa de investigación básica sobre o melanoma. O seu grupo definiu novos mecanismos subxacentes ao comezo, a progresión e a quimiorresistencia do melanoma humano. Dende 2008, Soengas lidera o Grupo de Menlanoma, no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) e actualmente é a presidenta da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro.  

Tracking Pixel Contents