Premio Stephen Hawking: «A referente Marisol Soengas vai motivar a todo o alumnado»
A directora do IES Rosalía de Castro pon en valor á investigadora galega, que coordinará a nova edición do certame

Marisol Soengas, referente na loita contra o melanoma. / Alba Villar

A sétima edición do Premio Stephen Hawking xa quenta motores. Trátase dunha convocatoria ideada polo IES Rosalía de Castro de Santiago para alumnado de Bacharelato, dirixido aos centros galegos que imparten a modalidade STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), se ben se poden presentar estudantes doutras áreas, e tamén aos centros estatais do programa de Bacharelato Internacional.
Cada ano elíxese a unha persoa de recoñecido prestixio en ámbitos científicos para coordinar o certame. Nesta ocasión a figura de referencia é Marisol Soengas, xefa do grupo de Melanoma do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) e presidenta da Asociación Española de Investigación contra el Cáncer (Aseica).
«A elección da figura de referencia no mundo da Ciencia como coordinadora do premio é a que serve de guía para motivar ao alumnado á hora de elixir os seus proxectos de investigación», comenta en conversa con EL CORREO GALLEGO a directora do instituto compostelán Gemma Paredes, quen asegura que «a contribución de Marisol Soengas á investigación sobre o melanoma e a súa coñecida traxectoria como defensora da investigación científica fan dela unha figura de referencia».
O comité organizador, encabezado polo catedrático de física e química Jesús Fidalgo, elixiu o lema Iniciativa e superación, «pensando precisamente na coordinadora desta edición».
Ao certame, que conta coa colaboración da Xunta a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, os participantes poden presentar traballos orixinais de investigación ou de divulgación relacionados co tema de carácter científico proposto na convocatoria. Poden facelo de forma individual ou colectiva -por grupos de non máis de catro integrantes- e serán proxectos de investigación desenvolvidos no Bacharelato entre os cursos 2022-2023, 2023-2024 e 2024-2025. Os participantes deberán estar coordinados, en calquera caso, por un ou unha docente, que realizará funcións de supervisión dos traballos e se responsabilizará da súa autoría orixinal.
Bases e prazos do certame
Os proxectos que se presenten deben planificarse como traballos de investigacións que, chegados o caso, puideran culminar nun artigo susceptible de ser publicado en revistas científicas, cunha extensión máxima de 4.000 palabras.
Dende onte mesmo e ata o vindeiro 14 de febreiro poderanse presentar traballos en catro campos: Matemáticas e Ciencias da Computación, Ciencias da Saúde, Ciencias Experimentais e Ciencias Sociais, Humanidades e Artes. O formulario de inscrición está xa accesible na web do instituto Rosalía de Castro.
Os traballos definitivos deberán presentarse, finalmente, antes do martes 18 de marzo a través do correo electrónico: premiostephenhawking@iesrosaliadecastro.org. Logo, o día 28 dese mismo mes procederase co envío do póster e do video relativo ao proxecto. O 2 de abril coñecerase a listaxe de traballos seleccionados.
Por último, a xornada de presentación de proxectos fronte ao xurado e a entrega de premios celebraranse na segunda semana de abril de 2025 (data pendente de confirmación).
As bases ao completo deste certame, que contempla a repartición de 4.600 euros entre os proxectos premiados, poden consultarse no web do instituto compostelán.
- El cielo de Santiago se llena de helicópteros militares de las Fuerzas Armadas tras la suspensión del desfile aéreo en Vigo
- El bar de Santiago premiado como uno de los mejores de España: 'Cuando lo montamos nos decían que era una locura
- Una empresa gallega estudia crear una aerolínea con sede en Lavacolla
- Vuelve la fiesta que hace viajar a Santiago 50 años atrás: verbena, juegos tradicionales, música y magia
- El bar con uno de los bocadillos más famosos de Santiago: 'Llegué a vender 1.400 en 4 horas
- Atropello en Rosalía de Castro: dos peregrinas heridas tras perder el control del vehículo un conductor octogenario
- La heladería artesana que triunfa en el casco histórico abre en Santiago su segundo local con helados sin lactosa
- El cobre, cuarzo y wolframio que pueden cambiar la economía del área de Santiago: 'Es una zona desconocida pero muy rica en minerales

