Melloras no rural: afianzar a seguridade vial en Marrozos
A concelleira Pilar Lueiro anuncia a adxudicación do contrato para obras entre Cañoteira e Outeiro de Marrozos

A concelleira de Rural (á dereita) xunto aos representantes veciñais en Marrozos. / CONCELLO
Redacción
A concelleira de Rural, Pilar Lueiro, supervisou este martes a reforma do vial Pajuela-Campo da Festa de Marrozos. Unhas obras ao abeiro do POS+ da Deputación da Coruña que contan cun orzamento de 448.450 euros, e que segundo o Goberno local, «ratifican o firme compromiso deste goberno con todo o territorio compostelán».
Lueiro, que estivo acompañada de representantes veciñais, destacou que esta intervención permitirá a ampliación dun viario municipal para mellorar a circulación de vehículos e persoas nun tramo da traza da Ruta da Prata (Camiño de Santiago). Os representantes veciñais trasladaron un retorno positivo da evolución das obras.
Trátase dunhas obras de mellora da seguridade viaria para a que, entre outras, actuacións se instalou unha malla na ponte que cruza estrada nacional. Unhas obras «necesarias», en palabras da concelleira Pilar Lueiro, «e das que vimos de recibir un feedback moi positivo dos veciños e veciñas». As actuacións deste proxecto incluíron a canalización de 1.390 metros de tubo plástico, cos seus respectivos sumidoiros e arquetas para a recollida de pluviais e a canalización de 1.885 metros para alumeado público.
A edil aproveitou para anunciar a segunda fase destas actuacións, «a xunta de goberno do pasado luns axudicou o contrato para as obras que van da Cañoteira ao Outeiro de Marrozos», que contan cun importe de 351.420 euros.
A concelleira de Rural lembrou os 3,5 millóns «que conseguimos polo aparcadoiro que se vai facer no Clínico e que vai ir todo destinado ao saneamento e abastecemento das parroquias do rural». Lueiro reafirmouse en que o Goberno local seguirá a traballar para satisfacer os «dereitos desta veciñanza, porque queremos un concello do que esteamos todos orgullosos, e para que o rural teña os servizos que tamén hai no urbano".
- III Feria de Antigüedades y coleccionismo, este sábado y domingo en el Outlet Área Central
- El restaurante de Santiago que ha enamorado a un conocido influencer gastronómico: 'Volveré, directo a mis favoritos
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- Buscan unos figurantes muy especiales para una «gran producción de época» que pronto se rodará en Santiago
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- Santiago abre las rebajas sin grandes colas y con tiendas cerradas por la huelga: «Ya no son lo que eran»
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
