Voluntarias compostelás ao servizo de Franco
O CSC do Ensanche acolle este venre ás 20 horas a conferencia ‘Mulleres voluntarias no Laboratorio militar da Farmacia’, organismo activo entre 1936 e 1939

O Pazo de Fonseca acolleu Farmacia en 1936. / Jesús Prieto

Dentro do ciclo organizado pola Asociación Cultural O Galo Coñecemento e visibilización da guerra civil en Santiago, inscríbese a conferencia Mulleres voluntarias no Laboratorio militar da Facultade de Farmacia, da doutora Beatriz Brasa. Unha charla sobre o papel da Universidade de Santiago e desta facultade entre os anos do conflito, 1936-1939.
A doutora en Farmacia tratará de verter luz, a partir das 20 horas no Centro Sociocultural do Ensanche, sobre o papel das mulleres voluntarias neste laboratorio, todas elas das clases altas e da burguesía acomodada da cidade e de desvelar se o feito de colaboraren co exército franquista «orientou a súa vida posterior», sen esquecer tampouco o papel dos homes neste laboratorio instalado no Pazo de Fonseca, sede naquela altura da Facultade Farmacia.
O traballo de Beatriz Brasa sobre esta cuestión recolle testemuños das mozas que se presentaron como voluntarias deste laboratorio, a maioría delas con apelidos ben coñecidos e do ámbito farmacéutico, como Bescansa ou Gómez-Ulla, ademais de Harguindey (familia de curtidores) ou Gil Casares. A colaboración feminina foi espontánea, fóra da coordinación de calquera organismo, ata a incorporación dos Servizos sociais.
Un destes testemuños é o de Marita Poch, «cuando estalló la guerra fuimos al servicio de España a prestar ayuda. Pero, la verdad, yo ya me cansaba de estar todo el día cosiendo calzoncillos… Al principio seríamos unas 15 chicas, de las que sólo una estaba casada, Rosario Bescansa. Después llegaron las del Servicio social, y aquello fue la invasión de los bárbaros del norte… Todas querían venir al laboratorio, que era mucho más bonito que ir a las guarderías. Se estropeó un poco el ambiente, pero también trabajábamos más».
O cadro de persoal do laboratorio, para o que se militarizou persoal docente da facultade, foi medrando durante os tres anos de conflito bélico. Alí fabricábanse vacinas (antitetánica, antitífica e antivariólica), antisépticos, analxésicos, broncodilatadores, antituberculosos e materiais de cura. Neste último punto, como as instalacións da Facultade de Farmacia non permitía a colocación de teares para producir xénero, os sublevados interviron dúas fábricas de tecido de algodón para fabricación de vendas, a máis próxima, en Padrón.
O programa completo
A conferencia de Beatriz Brasa encádrase nun programa máis amplo da AC O Galo sobre a memoria da guerra civil na cidade. O pasado día 5 inaugurábase o programa coa conferencia de Rafael García, doutor en Historia contemporánea pola USC, baixo o título Campo de concentración de Lavacolla e os cuarteis de Santiago. Unha temática que vai clausurar tamén este programa, o vindeiro día 30 de novembro, cun roteiro por Lavacolla para coñecer, entre outros asuntos, o traballo dos presos políticos na construción do aeroporto. A continuación, o CSC do Ensanche acollerá unha mesa redonda para debater sobre a cuestión.
Suscríbete para seguir leyendo
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
