Mulleres migrantes en Santiago: "A violencia de xénero non ten idade, nacionalidade nin clase social"
Movemento pola Paz presentou este martes no edificio Cersia o seu informe sobre as agresións que as traballadoras chegadas de fóra do Estado reciben en todos os ámbitos

A concelleira María Rozas durante a presentación do informe de Movemento pola Paz. / CEDIDA

«A violencia de xénero non ten idade, non ten nacionalidade, nin ten tampouco clase social». Así empezaba a súa intervención a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, na presentación do informe de Movemento pola Paz sobre a situación das mulleres migrantes en canto á violencia de xénero, en todos os ámbitos, que tivo lugar este martes no edificio Cersia en San Lázaro.
«O informe é para estarmos orgullosas, merece unha reflexión importante e vai ser moi útil para as administracións públicas en xeral», continuou a concelleira, nunha intervención na que fixo mención a que no informe de Movemento pola Paz, realizado a nivel de todo o Estado, participaron os concellos de Arzúa, Melide e Santiago. Neste último caso a edil incidiu en que no concello hai un 7% de poboación migrante, a maior parte mulleres, e que dentro da renda básica (axuda de carácter municipal) máis do 70% dos solicitantes son migrantes.
Tomando como fío isto último, a concelleira de Dereitos sociais fixo fincapé en lembrar que os municipios «somos a administración con menos recursos»· para dar solución a estas situacións polo que puxo enriba da mesa a necesidade de establecer «unha estratexia conxunta das administracións contra a violencia e a situación das mulleres migrantes».
Unha situación esta última da que deu conta o informe presentado por Movemento pola Paz do que se sacou, como principal obxectivo, a creación de talleres que promovan a interrelación de mulleres migrantes e non migrantes vítimas dalgún tipo de violencia para solventar, cando menos, a situación de soidade e vulnerabilidade das mulleres que chegan a un novo país.
Entre os datos extraídos do informe de Movemento pola Paz compre resaltar aqueles comportamentos que as migrantes perciben como violencia ou non, aínda séndoo. Así a regularización da súa situación como inmigrantes é un punto clave para faceren visible para si mesmas que son vítimas de violencia de xénero coas súas parellas. Unha manifestación que tarda en chegar polo temor, primeiro, a denunciar mentres non teñen unha situación administrativa regulada, e despois a que iso poida dar un paso atrás se perden o vínculo coa súa parella.
Algunhas porcentaxes
O 63% das participantes na enquisa, segundo recolle o informe de Movemento pola Paz, foron vítimas de violencia de xénero. Dentro desta porcentaxe o 40% foron agredidas no país de orixe (motivo tamén para decidiren emigrar) pero un 27% foi vítima nos dous países, no de orixe e no de destino.
A violencia psicolóxica (controlar o móbil ou a vestimenta, amosarse celoso) é o tipo de violencia menos percibida polas vítimas, a física é máis recoñecida e a sexual (cuestións como a insistencia para manter relacións sexuais cando mesmo se está a durmir) é percibida como tal polo 78% das mulleres enquisadas.
No ámbito laboral, máis alá de estaren as migrantes relegadas a traballos de limpeza e coidados, aínda que teñan formación académica para outros empregos, é chamativo constatar a recepción de traballos deste tipo que en realidade encobren propostas vencelladas co eido da prostitución.
Dende a administración non é pouca a violencia que se exerce contra estas mulleres, en forma de «piropos e propostas para axilizar trámites burocráticos».
- Primer AVE ‘directo’ de Santiago a Madrid sin paradas intermedias en Castilla y León
- Luto en el CHUS y en la Universidad de Santiago por la muerte de la conocida doctora Chelo Astorgano
- Santiago estrena terraza secreta: un oasis de paz junto al río Sarela para desconectar al atardecer
- Los dueños de fincas en el Ensanche Norte pueden renunciar a la expropiación a cambio de participar en el desarrollo urbanístico de la zona
- Cincuenta estudiantes son reconocidos por su esfuerzo académico en la residencia Almirante Martorell de Santiago
- Siete operarios y una semana de trabajo para montar la noria de la Ascensión en Santiago: 'Es una de las más grandes de Europa
- Santiago reconstruida en digital: la ciudad que vuelve a existir en 3D
- La Guardia Civil investiga a dos personas por el uso fraudulento de una tarjeta de tacógrafo en Santiago
