O Goberno local de Santiago salva os fondos NextGeneration co apoio do PSOE
O Pleno municipal aproba a modificación de crédito do Bipartito entre críticas de mala xestión e preguntas sobre o borrador do proxecto de orzamentos para o ano 2025

Traballos de rehabilitación no pavillón de Vite. / Antonio Hernández

O Pleno municipal ordinario que se celebrou este xoves deulle adiante ao modificativo de crédito requirido polo Goberno bipartito de cara, fundamentalmente, a non perder os fondos europeos NextGeneration cos que se financian actuacións coma a rehabilitación dos pavillóns de Vite e Santa Isabel, a plataforma loxística ou a mellora da accesibilidade do Pazo de Raxoi. BNG e Compostela Aberta contaron desta volta co apoio dos socialistas, logo de non telo no Pleno extraordinario do pasado venres.
O apoio do PSOE chegou logo da renuncia do Executivo de Sanmartín a poñer en marcha a cociña municipal que abastecerá os comedores escolares dos centros públicos da cidade. Mentres o Bipartito poñía o foco nesta renuncia a concelleira socialista Marta Abal lembráballe ao concelleiro de Facenda, Manuel César, que ese proxecto non ía poñerse en marcha até o curso 2026-27 e aproveitaba para dicirlle ao Goberno local que «o que non se veu até agora foi que non negocie un Goberno en minoría» coma o que conforman CA e BNG.
Pese a saír adiante esta modificación de 1,8 millóns de euros, nin o PSOE nin o Partido Popular deixaron escapar a ocasión de preguntarlle ao Goberno local polo proxecto de orzamentos para 2025. Neste sentido Abal criticou que o executivo «é incapaz de ter orzamentos para 2025 que absorvan as necesidades de crédito dos NextGeneration», cuxa execución ten carácter plurianual.
José Ramón de la Fuente (PP) preguntou tamén ao Goberno local «onde están os orzamentos de 2025» e afeoulle que, ao contrario da súa actitude co Grupo municipal socialista, con quen negocian, cos populares «nin sequera» propoñen diálogo. De la Fuente aproveitou para incidir en que o Executivo de Goretti Sanmartín «non goberna por vontade popular, senón por vontade do PSOE».
Manuel César defendeu a súa xestión fronte á oposición asegurando que «se o PSOE deixara ben orzamentados» os proxectos europeos «non había necesidade de modificativo de crédito» para acometer as actuacións nos pavillóns de Vite e Santa Isabel, na plataforma loxística e para facer o edificio de Raxoi accesible.
Domínguez explica a retirada das luminarias do Campus Sur
Un dos momentos máis broncos no Pleno foi aquel no que o concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, explicou o cambio nas luminarias do Campus Sur sen respectar o ditame da comisión de Patrimonio do Concello. Cuestión que criticaron tanto o PP coma o PSOE, denunciando que o cambio se fixo «ás agachadas e dun día para outro». O edil defendeu a actuación por unha cuestión de seguridade cidadá, xa que as farolas «non cumprían coas normas reguladoras do ano 73» e optouse por fustes realizados con material illante.
- Adiós a otro comercio del casco histórico de Santiago: «Llegamos a tener más de 2.000 pares de zapatos»
- Un estudiante de Santiago logra el oro en las olimpiadas nacionales de FP
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- El juez Taín asegura que Alfonso Basterra ha solicitado el tercer grado y negocia su participación en una serie sobre el caso Asunta
- Un hotel en la antigua muralla de Santiago: la apuesta de un empresario gallego con negocios en Brasil
- La mediación para el convenio del transporte de viajeros se cierra sin acuerdo
- Santiago suspende por un año la conversión de edificios enteros en apartamentos turísticos entre las críticas de la oposición
