Santiago e A Coruña compiten por ter a praza máis fermosa de Galicia na TVG
O programa ‘Morra o conto’ enfronta nun debate hoxe ás 22.45 horas as prazas do Obradoiro e de María Pita

David Vilares e Alba Mancebo, presentadores de 'Morra o conto' / CRTVG
A rivalidade entre A Coruña e Santiago chega á pantalla da TVG este sábado 7 de novembro ás 22.45 horas. Morra o Conto enfronta as dúas prazas máis emblemáticas de Galicia para decidir cal leva a coroa: a praza do Obradoiro, epicentro histórico e espiritual de Compostela, ou a praza de María Pita, símbolo social e cultural da Coruña, á beira do mar.
Desde o Liceo de Betanzos, Alba Mancebo e David Vilares guían este vibrante debate entre picheleiros e coruñeses, cun programa cheo de humor, momentos emotivos, historias inéditas e imaxes exclusivas das dúas prazas.
Que agochan os tellados da Catedral? Quen lle dá corda ao reloxo de María Pita a diario? Como naceu a lenda de Farruco? Por que chamaban "cascarilleiros" aos coruñeses? A todo isto e máis dá respostas este sábado o programa Morra o conto.
Morra o conto é un programa de entretemento que enfronta de forma divertida dúas localidades de Galicia arredor dun tópico ou rivalidade que as define, como marisco ou cocido, banda ou orquestra, ou mesmo o eterno Celta-Dépor. A través de reportaxes e entrevistas nunha gala en directo, os presentadores Alba Mancebo e David Vilares descobren historias entrañables, personaxes únicos e momentos de grande emoción, celebrando as diferenzas que enriquecen a identidade galega mentres o público decide se "morre o conto" ou non.
O programa tamén se poderá ver a través da web agalega.gal.
- El gallego licenciado en la USC por el que apuesta RTVE para presentar ‘Directo al grano’ tras los cambios de Javier Ruiz, Jesús Cintora y Gonzalo Miró
- Muere María Pardo, la exconcejala de Santiago que gestionó tres años el urbanismo de la ciudad y ejerció de portavoz del PP
- La profesora compostelana que encontró su lugar en Australia: 'En Galicia deberíamos vivir más enfocados en nuestra naturaleza
- La Panadería Moure dice adiós a Pontepedriña tras más de 70 años: «Los clientes venían porque les gustaba nuestro pan, pero también por el trato»
- Un vehículo se sale de la vía en una calle de Santiago, se empotra contra un banco y deja varias personas heridas
- Cuatro orquestas y diez conciertos: la gran verbena con Los Satélites que llega esta semana a 30 minutos de Santiago
- La reina de las flores: un recuerdo a María Pardo
- Los compostelanos que resisten a la presión turística: vivir y trabajar en la zona vieja de Santiago

