Os orzamentos de 2025 terán que agardar: o PSOE recibe o borrador coa queixa de que «chega tarde»
No documento inclúese o proxecto de cociña única para abastecer os comedores escolares e exclúese unha subida do IBI

Gonzalo Muíños (PSOE) e Goretti Sanmartín (BNG). / Jesús Prieto

A aprobación dos orzamentos municipais para 2025 vai ter que agardar, o Goberno local de Santiago prevé a súa aprobación «ao longo do mes de xaneiro» e dende o Grupo municipal socialista, socio do Executivo de Goretti Sanmartín para a aprobación dos orzamentos actuais, expoñen a queixa de que «2025 arranca en 20 días, este primeiro borrador chega tarde, moi tarde». Afírmao o voceiro do PSOE Gonzalo Muíños, que tamén explica que até o pasado luns «non tivemos a previsión de ingresos para o ano que vén».
Nas últimas semanas a relación entre o Goberno local e o Grupo municipal socialista adoece de certa tensión, que se plasmou, entre outras cuestións, no desacordo en asuntos como a creación dunha cociña única para abastecer os comedores escolares dos centros públicos da cidade ou unha posible subida do IBI –Imposto de Bens Inmobles–. Ambas as cuestións aparecen reflectidas no borrador orzamentario. A primeira como proxecto ao que non quere renunciar o Bipartito mais que tivo que deixar de lado para conseguir o apoio do PSOE e conseguir así non perder os fondos europeos NextGeneration. A segunda, implica que non se subirá o IBI, petición feita polo PSOE pero que Sanmartín non ve como unha liña vermella, mais asegura: «Non o imos subir».
Fiel á súa directriz de «ser respectuosos coas negocacións» a alcaldesa reafirmouse nunha entrevista radiofónica en non comunicar o contido do borrador até que se produza «unha reunión formal». Xuntanza que non debera demorar pois o Goberno local «sempre temos présa, e os orzamentos canto antes estean aprobados máis tempo teremos para poder executalos».
Dende o PSOE deféndese a este respecto que o seu traballo «de oposición sempre busca ser propositivo, mellorar a calidade de vida da veciñanza», suma como logro da formación que non se inclúa no borrador a subida do IBI e asegura que seguirán «cumprindo con todo o que dixemos e defendemos no pasado». A respecto do apoio do PSOE ao documento orzamentario a alcaldesa Goretti Sanmartín reafírmase en que «sempre confío na responsabilidade do Grupo municipal socialista, neste caso, coa cidade e coa veciñanza».
Suscríbete para seguir leyendo
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- Sábado trágico en Santiago: una mujer pierde la vida tras caerle encima una nevera
- Sanmartín, sobre el cierre del túnel del Hórreo: 'É lamentable utilizar como medida de presión unha molestia á veciñanza
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
