A USC ofertará a partir do 2025 menús vexetarianos e veganos aos estudantes
O claustro da semana pasada aprobou unha moción para que se propoñan opcións variadas, tamén para as persoas con alerxias e intolerancias e que se garantice a calidade alimentaria

Dúas estudantes nunha das cafeterías da USC. / Santi Alvite

As cafeterías e comedores da Universidade de Santiago ofertarán no 2025 menús vexetarianos, veganos e para persoas con alerxias, intolerancias e restriccións alimentarias. Así o aprobou o Claustro Universitario celebrado o pasado xoves 5 de decembro, tras unha emenda presentada por un grupo de estudantes. «O que poden comer na actualidade estas persoas é bastante limitado, polo que é preciso unha oferta específica», sinala a EL CORREO GALLEGO León Felipe Ureña, un dos estudantes que defendeu esta moción.
León Felipe recoñece que hai lugares como a cafetería de Fonseca nos que se ofrece un menú específico para persoas vexetarianas con opcións de primeiro e de segundo prato. «Trátase dun único espazo e de feito son moitas persoas as que se desprazan a diario ata este lugar», comenta.
A opción de que o propio estudante leve á súa facultade a comida da casa atópase co problema de que «nos centros non hai instalacións adecuadas para quentar a comida». E ter que desprazarse ata o lugar de residencia en moitos casos resulta inviable «ao haber estudantes de fóra da cidade», habendo ademais «pouca marxe de tempo para retornar polas tardes ás clases».
Por isto, buscan que en todos os centros e facultades da universidade existan opcións de primeiro e segundo prato para vexetarianos e veganos.
No caso dos que sofren algunha alerxia ou intolerancia, como os celíacos, a oferta adoita ser maior. O problema está en que «non sabemos ata que punto se pode garantir que non exista contaminación cruzada ao haber moitas cociñas de pequeno tamaño».
Desta maneira, tamén se solicitou que se garantizase a calidade alimentaria das distintas concesións de cafeterías e comedores da USC a través dun programa de vixilancia da calidade nutricional dos menús. «Cambian moito as condicións en función das cafeterías. Nalgunhas utilizan alimentos procesados de 4ª ou 5ª gama, cando hai que apostar por ingredientes frescos e de tempada», di.
Esta emenda tivo un caracter transaccional xa que no Claustro presentouse outra que tamén solicitaba que se garantirase unha calidade alimentaria nos menús. Ambas foron fusionadas e finalmente aprobadas. Esta última correspondía á Asemblea de Investigadoras de Compostela e na mesma incluíase que se mantera o desconto establecido no curso anterior para as cafeterías da USC en relación aos menús completos para a comunidade universitaria. Así, non haberá variacións e os estudantes pagarán por un menú diario 6,5 euros, mentras que o resto da comunidade universitaria abonará 7,50 e os usuarios externos, 8,50 euros. A maiores, foi aceptado pola USC que se fixe un prezo reducido para os menús de almorzo e os menús de prato único.
«Definiremos os novos menús coas concesionarias e implantaranse no 2025»
Para que se comecen a dar os primeiros cambios, primeiro terán que aprobarse de xeito definitivo os Orzamentos para 2025, o cal se agarda que se faga no Consello de Goberno do 27 de decembro. Dende a Universidade de Santiago sinalan que «tras o acordo da semana pasada tocará definir os novos menús, un proceso que é preciso abordar xunto coas empresas que desenvolven os servizos das cafeterías e comedores». En calquera caso a súa implantación agárdase que se faga efectiva no 2025.
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo

