O mural do Xelmírez I «elévase» cara ao coñecemento
Unha pintura, obra de Møu e Sokram, decora a fachada do instituto e intégrase no programa de muralismo do departamento de Xuventude do Concello

Rozas (centro) ante o mural co artista, o director do instituto e técnicos de Xuventude . / Jesús Prieto

O IES Xelmírez I loce un novo aspecto na súa fachada que dá á rúa Poza de Bar. Trátase dun mural que evoca «a elevación á que leva o coñecemento», segundo explica un dos autores, Møu, de Mutante Creativo, que xunto a Sokram (do mesmo colectivo) é coautor da nova imaxe do instituto. Unha intervención que se encadra dentro do programa de muralismo que leva a cabo o departamento de Xuventude do Concello de Santiago e que se suma a outras dúas actuacións en fachadas de candansúa vivenda na Choupana e Vista Alegre.
A concelleira de Xuventude, María Rozas, visitou este xoves o Xelmírez I para ver xunto a Møu o resultado final do mural e felicitouse porque «este ano incrementamos o programa de muralismo e fixemos máis actuacións das que eran habituais, esta aquí no instituto, outra na Choupana e outra en Vista Alegre». A intervención de Møu e Sokram no Xelmírez I é a obra de maior tamaño das tres, todas elas polo colectivo Mutante Creativo, «o mural de Vista Alegre está feito por Noe Nobel e o de Choupana por Doa», apuntou Rozas.
A edil reivindicou que o programa de muralismo do Concello «é un proxecto que dentro do departamento de Xuventude tiñamos interese de apostar e de reforzar porque entendemos que é moi interesante actuar en espazos urbanos que están deteriorados e facelo, ademais, cunha expresión artística que conecta moi ben cos mozos e mozas». Rozas non agochou a satisfacción do departamento que dirixe co resultado final do proxecto e «tamén estamos moi contentas de facer colaboración co Instituto Xelmírez I, un instituto que sempre demostrou ter esa sensibilidade artística e esa aposta pola mocidade».

Mural de Vista Alegre, obra de Noe Nobel. / CONCELLO
O significado da pintura
«Quixemos plasmar no deseño esa actitude na vida de sempre intentar conseguir ascender no coñecemento», conta Møu sobre o mural creado xunto a Sokram e que consiste en «dúas figuras que están coma flotando, para representar esa elevación a través do coñecemento».

Pintura na Choupana, deseño de Doa. / CONCELLO
Sobre a realización do traballo na fachada do instituto, bastante deteriorada, o artista explica que foi un reto, «principalmente porque son dúas paredes que teñen profundidade: interior e exterior e quixemos xogar con eses dous planos, facendo coma unha repetición de figuras».
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
