As Anpas compostelás apoian o proxecto do Bipartito para crear a cociña central escolar
Agardan que o PSOE cumpra a palabra dada e apoie a partida que o Goberno local inclúe nos orzamentos de 2025 para a súa posta en marcha

Fanpa Compostela apoia a cociña central escolar. / ECG

A Federación de Anpas –Asociación de Nais e Pais– Compostela comunicaba á prensa este sábado o seu interese pola creación dunha cociña central escolar que dea servizo aos comedores dos centros educativos da cidade. Un proxecto «prioritario» para o Goberno local e para cuxa posta en marcha inclúe nos orzamentos de 2025 unha partida que ascende ao millón de euros. A Fanpa Compostela, que tivo coñecemento desta iniciativa no Consello escolar local do pasado 19 de setembro congratúlase «logo de máis dunha década reclamando cambios que sempre se prometeron e nunca callaron».
«Isto é un modelo novo e diferente que fai que as familias compostelás que representa a Fanpa teñamos a esperanza de que a situación pode cambiar», asegura a presidenta da Fanpa Compostela, Esther Martínez, que lembra que dende que no curso 2012-13 o Concello asumiu a xestión dos comedores escolares dos colexios públicos de primaria «foi constante a demanda dun servizo diferente ao prestado».
Dende a federación seguen a manifestarse contra o modelo actual «pola súa contrastada falta de calidade, pola ausencia de plans educativos e pola falta de ambición dun modelo que se limitou sempre a alimentar ás persoas usuarias, deixando de lado a imprescindible faceta educativa que deben ter os comedores escolares de calquera índole». Por iso instan unha vez máis ao PSOE a apoiar o proxecto de cociña central do Goberno Bipartito.
«Recentemente, observamos con fonda preocupación que a dotación económica para este proxecto no orzamento de 2024 decaía para este exercicio, ao modificarse para financiar outros proxectos vinculados aos fondos Next Generation». Modificación que levou á Fanpa Compostela a solicitar unha xuntanza co PSOE para requirirlle «aclaracións da súa postura cara ao futuro».
«Nesta reunión, o grupo municipal socialista asegurounos repetidamente que eles non ían poñer ningún problema para o desenvolvemento dun proxecto diferente, que a manobra orzamentaria non implicaba para eles máis que un pequeno atraso na xestión, xa que podía incluírse a mesma partida no orzamento 2025, e que ían apoiar esta inclusión, iso foi o que nos dixeron con claridade, o que agardamos sexa o seu discurso permanente de cara ao público», asegura Martínez.
A federación vai máis alá e insta non só ao PSOE senón a toda a Corporación local a que «sexa seria e se poña a traballar pola calidade real dos servizos que o Concello de Santiago está comprometido a prestar» agora que «albiscamos por primeira vez unha posibilidade de cambio e mellora co proxecto presentado polo Goberno local».
Críticas ao modelo actual
A federación de Anpas santiaguesa lamenta no seu comunicado o actual modelo de comedores escolares dos centros de ensino públicos. «O modelo existente leva 12 anos funcionando mal, necesitamos un cambio que non pasa por modificar os pregos ou alterar algunhas condicións, o cambio pasa por unha modificación fonda, seria e pensada», apuntan.
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- Sábado trágico en Santiago: una mujer pierde la vida tras caerle encima una nevera
- Sanmartín, sobre el cierre del túnel del Hórreo: 'É lamentable utilizar como medida de presión unha molestia á veciñanza
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
