O PSOE de Santiago reclama un bus que pase pola zona alta da Almáciga
Levará ao Pleno do vindeiro xoves o arranxo do pavimento da rúa Santa Clara

Os edís do PSOE Mercedes Rosón e Gonzalo Muíños durante a xuntanza coa asociación de veciños de / Cedida
ECG
O portavoz do grupo municipal socialista, Gonzalo Muíños, vén de reunirse cunha representación veciñal do barrio da Almáciga. Unha xuntanza que serviu para testear o grado de cumprimento do goberno bipartito coas demandas deste barrio, atopando unha grande «preocupación» pola falta de avances nas solicitudes que lle foron manifestadas ao executivo de Sanmartín en setembro de 2023.
O edil socialista pon o foco na mobilidade no barrio e insta ao goberno local a implantar unha liña que de servizo ao barrio ata a zona máis elevada, toda vez que o importante desnivel da zona xera dificultades nos desprazamentos peonís das persoas con diversidade funcional. Muíños lembra que esta era unha cuestión prevista xa nos novos pregos do servizo de autobuses. Porén, ante o precedente da creación da liña ao aeroporto, entende que agora si se podería modificar algunha das liñas .
Aparcamento
Muíños propón tamén que se estude a posibilidade de empregar como aparcamento de residentes as plataformas situadas detrás dos edificios da rúa de Touro para eliminarse unha das bandas de aparcamento desta rúa «xa que, a día de hoxe, o acceso dun camión de bombeiros ante unha urxencia sería moi dificultosa». Así mesmo, a veciñanza da zona reclama un maior control daqueles vehículos que cada día estacionan en zonas prohibidas.
O protavoz socialista levará ao Pleno do vindeiro xoves unha moción coa que instará ao goberno local a atender as solicitudes das veciñas e veciños da Almáciga. Nesa lista de tarefas pendentes, está tamén a reparación do pavimento da rúa de Santa Clara e outras cuestións que requiren dun menor esforzo orzamentario, como a instalación dunha «visera» ou un pequeno voladizo na porta do centro sociocultural do barrio.
- Encuentran el cadáver de un hombre encadenado y sumergido en aguas del puerto de Ribeira
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- Galicia quiere convertirse en el gran plató de las películas y series que se rueden en España
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión
