Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Cambios no recibo do lixo: como afecta a nova taxa de Sogama aos veciños

O Bipartito afirma que a tarifa doméstica non vai subir

A subida do canon de Sogama afecta ás arcas municipais.

A subida do canon de Sogama afecta ás arcas municipais. / Jesús Prieto

Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago

En materia de impostos o Concello de Santiago debe aplicar a partir de 2025 a subida do canon de Sogama –Sociedade Galega do Medioambiente–, que pasará a custarlle ás arcas municipais 84 euros por tonelada.

Na actualidade páganse 54 euros por tonelada de lixo recollida, pero a subida chegará a superar os 100 euros por tonelada, dos que a Xunta de Galicia aplicará unha subvención que deixará o prezo final arredor do 96 euros. «Dous terzos da subida do recibo débese ao canon», aclarou o edil de Facenda, Manuel César.

A ordenanza da taxa do lixo contempla varios tipos de tarifas: a doméstica, a doméstica con actividades (é dicir, profesionais que realizan a súa actividade económica no propio domicilio) e tarifa de actividades económicas. «Podemos dicir», aclarou Manuel César, «que tal como está agora a tarifa doméstica, a cota tributaria máis baixa, non subiu». 

En relación aos domicilios tamén varía sobre que aspectos se aplica a tarifa, que até agora se calculaba en función do consumo da auga e agora será segundo o valor catastral da vivenda. «Pero tratamos de que os tramos baixos da cota tributaria permanezan constantes», matizou o concelleiro de Facenda.

Tracking Pixel Contents