Mercado solidario de Nadal e música no IES Rosalía de Castro
Celebrouse na tarde deste mércores no instituto compostelán, onde as principais doazóns foron xoguetes, libros e roupa entregaranse a Cruz Vermella Santiago

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e a directora do IES Rosalía de Castro, Gemma Paredes visitando o mercado de Nadal do IES Rosalía de Castro

Un laborioso traballo tivo que desenvolver o alumnado de Bacharelato Internacional do IES Rosalía de Castro para poder celebrar o seu mercado solidario de Nadal. Onte celebrouse a súa terceira edición, entre as 16.30 e as 21.00 horas, baixo a coordinación do vicedirector do instituto, Javier Turnes, e a coordinadora Arantxa Fuentes. Unha iniciativa que parte da asignatura CAS (Creatividade, Actividade e Servizos).
«Durante catro semanas estivemos recollendo os donativos que os alumnos se encargaban polas mañás de clasificar e gardar no almacén», sinala Gemma Paredes, directora do centro. Houbo diferentes puntos de recollida pola cidade e en Ames, como o IESde Milladoiro ou a Escola Oficial de Idiomas. Todo o recaudado, que na súa maioría foron xoguetes, libros e roupa, entregaranse a Cruz Vermella Santiago.
Ao longo do día varias autoridades, como o conselleiro de Educación, Román Rodríguez; a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses; e o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitaron o Mercado e felicitaron ao alumnado polo seu traballo.
Ademais das colaboracións da cidadanía e da comunidade educativa, a Escola Mestre Mateo donou esculturas ao instituto para a subasta na tómbola que tivo lugar ao pechar o mercado.
Durante as horas nas que se desenvolveu o mercado houbo actuacións musicais nos corredores do instituto.
No apartado musical confluíron tanto a Orquestra e o Coro do instituto Rosalía de Castro, «dúas iniciativas que se encadran no proxecto artístico do centro», coma o propio alumnado que fixo as súas propostas e combos.
Dende o centro compostelán destacaron a importante colaboración dende a primeira edición do mercado de músicos profesionais moi coñecidos no panorama da cidade como Alfonso Espiño, Pilo Sierra ou o propio Javier Turnes, que se unen baixo o nome de Banda Baión, «que xurdiu coa finalidade de apoiar musicalmente iniciativas solidarias».
- El empresario detenido por la UCO en Santiago es uno de los tres cabecillas de la red criminal que defraudó 69 millones
- La deuda con Monbus sube a 5,5 millones: El Concello de Santiago no ha pagado los buses urbanos durante este año
- Una de las terrazas con jardín más apreciadas de Santiago anuncia su reapertura
- Lucía Freitas reabre la terraza del Hotel Costa Vella de Santiago: «Habrá una carta de picoteo y todo va a salir de nuestro obrador»
- Así logró el Concello de Santiago encontrar 752 inmuebles que no pagaban el IBI
- La mejora de los accesos al Hospital Clínico de Santiago obligará a expropiar y demoler 24 inmuebles
- Lemonade Fresh Living: así es el interior de la nueva residencia universitaria de Galeras
- «El Camino de Santiago empieza en cuanto se pone el pie fuera de casa; por tanto, hay infinidad de rutas»