Xesús Palmou pide o seu relevo na presidencia da Academia Xacobea
O exconselleiro leva máis dunha década á fronte desta institución

Xesús Palmou presidente da Academia Xacobea. / Xoán Álvarez
Redacción
Xesús Palmou, impulsor e presidente da Academia Xacobea dende a súa creación, vén de solicitar aos órganos de goberno da institución a súa substitución á fronte da mesma.
Despois de case unha década na presidencia, Palmou considera que «se culminou con éxito unha primeira etapa de posta en funcionamento e consolidación da institución e que esta dispón de persoas con capacidade máis que contrastada» para continuar dando cumprimento aos seus obxectivos fundacionais.
Como consecuencia desta petición do aínda presidente, a Academia Xacobea xa puxo en marcha os mecanismos para formalizar a substitución e nomear á persoa que ostentará a presidencia. Un proceso que se prevé concretar e dar a coñecer o resultado a comezos do próximo mes de xaneiro.
Xesús Palmou continuará na Academia como académico de número e colaborador activo.
- Reabre en Santiago una de las cafeterías más queridas del casco histórico: 'Volvemos con la misma ilusión y ganas
- El outlet Área Central de Santiago alarga este viernes su hora de cierre para convertirse en una 'Jungla' con descuentos del 50%
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan
- Raxoi paraliza una obra ilegal frente al parque de Bonaval: 'Habéis roto un trozo de historia
- Buscan figurantes en Santiago para la nueva película de Vaca Films: estos son los requisitos
- El restaurante más antiguo de Galicia lleva casi dos siglos abierto en Santiago: 'Fuimos ultramarinos, aserradero e incluso hicimos ataúdes
- De las aulas de Santiago a la graduación en Michigan: la historia de éxito de Carlota Garabato en Estados Unidos
- El legendario París-Dakar revive en Fontiñas: así es la versión del barrio compostelano
