Mercagalicia: a plataforma loxística de Compostela é a meta a curto prazo da nova xerencia
As obras están iniciadas e prevese que estean rematadas antes do final do ano, agora a entidade estuda cal será o modelo de xestión e promete «diálogo continuo» co sector comercial

Belén Hernández ex xerente do Consorcio de Santiago e nova xerente de Mercagalicia. / Jesús Prieto

Coa posta en marcha da plataforma loxística de distribución de mercadorías no horizonte máis próximo, Belén Hernández, asume a xerencia de Mercagalicia con «ilusión, compromiso e ganas de traballar». Na súa presentación pública nas instalancións da entidade no polígono do Tambre, a nova xerente estivo acompañada polos representantes dos dous organismos que participan esta sociedade: Mercasa (representada polo seu presidente, José Miñones) e o Concello de Santiago (representado pola alcaldesa Goretti Sanmartín).
Segundo explicaron aos medios, tanto Hernández coma Sanmartín, as obras para a creación da plataforma, próxima a Mercagalicia, xa están en marcha. «O prazo de execución é de oito meses», lembrou a rexedora compostelá, polo que se agarda que se cumpran os tempos previstos e esté lista antes do remate de 2025 para comezar o seu funcionamento durante 2026. Unha posta en marcha para a que xa se están a elaborar estudos de cara a establecer o mellor modelo xestión, nun proxecto que busca unha distribución agroalimentaria sostible, tendente a emisións cero de CO2 e que alixeire de tráfico de vehículos pesados o reparto na cidade histórica.
Tanto Miñones, coma a alcaldesa e a xerente, incidiron en que se manterá «un diálogo continuo» cos sectores implicados na distribución desta plataforma loxística. «Sectores que son fundamentais en Santiago, o que significa o mercado de abastos, os produtos de proximidade, a hostelaría, o comercio...», enumeraba a alcaldesa Sanmartín para remarcar a necesidade de «establecer sinerxías importantísimas» pois «non se nos oculta que en Santiago hai un obxectivo que todos os sectores e o conxunto da Corporación partillamos: apostar pola diversificación económica e, por tanto, por mellorar todo o que ten que ver coa industrialización».

José Miñones, Goretti Sanmartín e Belén Hernández ás portas de Mercagalicia. / Jesús Prieto
Nodo loxístico do noroeste
O presidente de Mercasa, José Miñones, quixo «deixar moi claro» na súa intervención na presentación de Belén Hernández como xerente de Mercagalicia a aposta da entidade que preside por este segundo organismo «nodo do noroeste da loxística alimentaria que vai significar un impulso moi importante de cara xa a 2026».
Un centro loxístico do noroeste para o que Santiago está a ser, segundo indicou Miñones, o proxecto piloto de «última milla» das outras cidades españolas con «mercas», máis alá das necesidades dunha cidade patrimonio. «Esa distribución de proximidade que queremos levar a cabo dende as mercas e para a que tomamos como referencia Santiago, proxecto piloto de Mercasa a nivel estatal», insistiu Miñones, «todas as mercas están mirando cara a Compostela para saber como vai ser ese proxecto e poder reproducilo».
En relación coas cero emisións e a sostibilidade o presidente de Mercasa fixo referencia ao emprego de vehículos eléctricos, mais a súa implantación na cidade non está, polo momento, confirmada, á falta dos estudos que definirán o modelo de xestión da plataforma loxística.
Belén Hernández, dez anos á fronte do Consorcio
Belén Hernández pasa a levar o temón da xerencia de Mercagalicia logo dunha década á fronte da xerencia do Consorcio de Santiago. Entidade participada polas tres administracións (Goberno central, Comunidade autónoma e Concello) e centrada no desenvolvemento de políticas de recuperación e rehabilitación urbana, así como de actualización de infraestruturas e equipamentos velando pola conservación e pola posta en valor do patrimonio histórico de Santiago como «motor da transformación contemporánea da cidade».
E foi, precisamente por ese papel do Consorcio en relación coa «actualización de infraestruturas» polo que Belén Hernández estivo en todo momento implicada no desenvolvemento da plataforma loxística de distribución de mercadorías. Meta máis a curto prazo do equipo que agora lidera Hernández en Mercagalicia, unha infraestrutura clave para cambiar o sistema de reparto de mercadorías e reducir o número de vehículos pesados que transitan pola cidade histórica.
As previsións para a construción desta nova plataforma no polígono do Tambre fixaban o último trimestre de 2024 como o inicio das actuacións, concretamente a segunda semana de outubro. Uns prazos que non se puideron cumprir, e naquela altura a xerente do Consorcio establecía antes do final de novembro o inicio das obras que agora se está a desenvolver, con previsión de estaren rematadas antes de fin de ano.
Suscríbete para seguir leyendo
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a desalojar el edificio: 'Se escucharon explosiones en la cubierta
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago

