Santiago
Culmina o acondicionamento acústico do comedor do CEIP Apóstolo Santiago
A Concellaría de Educación desenvolveu un proxecto piloto neste centro escolar

Novo aspecto do comedor do CEIP Apóstolo Santiago / Cedida
A Concellaría de Educación que dirixe Míriam Louzao está desenvolvendo un proxecto piloto de acondicionamento acústico do comedor do CEIP Apóstolo Santiago. Raxoi define esta actuación como un primeiro chanzo das que ten previsto levar a cabo nos comedores escolares para adaptalos ao novo modelo que está implementando e que forma parte dun plan de mellora destes espazos.
Neste sentido, Louzao destacou que ao longo de 2024 destináronse máis de 320.000 euros ás intervencións de mantemento co obxectivo de manter as instalacións nas mellores condicións posibles, garantir a seguridade e mellorar a habitabilidade dos espazos.
Espazo máis habitable
Dentro destas actuacións, que se levaron a cabo en coordinación co departamento de Obras e Proxectos, a segunda tenente de alcaldesa destacou o pintado e colocación de paneis acústicos no comedor do Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Apóstolo Santiago. Concretamente, os traballos neste centro consistiron no pintado dos parámetros interiores e na instalación de paneis fonoabsorventes para conseguir un mellor acondicionamento acústico e, polo tanto, un espazo máis habitable.
Louzao subliñou que todas estas actuacións «forman parte do novo modelo de comedores escolares que este goberno quere impulsar e que, alén do proxecto dunha cociña centralizada para contar con menús saudables e de km0, significa tamén contar con espazos máis habitables e seguros para as crianzas».
Outras actuacións
Durante este Nadal, Educación tamén fixo obras de ampliación do comedor do CEIP de Vite. Esta actuación permite manter unha única quenda de xantar, debido a que había un aumento de comensais. Tamén quedou executado o pintado do hall do CEIP Arquitecto Casas Novoa. En 2025 continuará o plan de mellora dos comedores, analizando todas as necesidades e execuntando as obras necesarias.
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- Sábado trágico en Santiago: una mujer pierde la vida tras caerle encima una nevera
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- «Visitar esta zona de la Catedral de Santiago es algo increíble»
- Pesar por la muerte de Ramón Martínez-Rumbo, exdirector de Neurocirugía del CHUS y pionero en cirugía del Párkinson

