Gonzalo Muíños e o sacrificio político
O pasado martes o voceiro do PSOE en Raxoi, agora suspendido, asinaba o pacto para a aprobación dos orzamentos de 2025

O concelleiro Gonzalo Muíños durante unha sesión plenaria no Pazo de Raxoi / Jesús Prieto

Gonzalo Muíños (Santiago, 1969) criouse no barrio de San Pedro e estudou no colexio La Salle. Durante 20 anos foi o responsable de Calidad e Medio Ambiente de Autos Lobelle e entre 2002 e 2011 asumiu a xerencia do Club Lobelle de fútbol sala. Foi nese último ano, 2011, cando deu o salto á política integrando a lista electoral do socialista Xosé Sánchez Bugallo.
A entrada de Muíños na política municipal foi na bancada da oposición. Primeiro no goberno de maioría do Partido Popular, no que a corrupción causou, entre outros cousas, que Santiago tivese en catro anos tres alcaldes: Gerardo Conde Roa, Ángel Currás e Agustín Hernández.
A lexislatura de 2015 a 2019 foi a de Compostela Aberta, liderada por Martiño Noriega e co PSOE tamén na oposición. No final deste mandato foi cando Sánchez Bugallo volveu acadar a alcaldía compostelá e, con el, Gonzalo Muíños asumiu a Concellería de Mobilidade, Seguridade cidadá, Barrios, Obras e Relacións veciñais.
En 2023 Bugallo volveu perder o poder e chegou á alcaldía de Compostela a súa primeira alcaldesa, a nacionalista Goretti Sanmartín que conta co apoio de CA nun goberno en minoría ten o PSOE como principal aliado.
Gonzalo Muíños foi, neste ano e medio de lexislatura, o voceiro do grupo municipal socialista. A finais de 2023, PSOE e Goberno bipartito asinaban o acordo de aprobación dos orzamentos municipais, e quen rubricaba o pacto era Aitor Bouza, secretario xeral dos socialistas composteláns, sen acta de concelleiro no Pazo de Raxoi ao non ter concorrido nas listas electorais.
A división no PSOE de Santiago comezaba a ser visible, por unha banda a secretaría xeral, e pola outro o grupo municipal de Raxoi. O cisma producíase en xuño do ano pasado, cando o Pleno municipal votaba a ordenanza reguladora das VUT (vivendas de uso turístico). A directriz da secretaría xeral de Santiago era a abstención, pero o grupo municipal apoiou a iniciativa do Goberno local e votou a favor. A ordenanza saíu aprobada cos votos de Partido Popular en contra.
Esta actitude dos edís do grupo municipal socialista valeulle a Muíños a apertura de expediente dende a secretaría xeral (logo seguríao a edil Mercedes Rosón), medida que o grupo municipal asumiu que afectaba ao colectivo.
Pero a situación de Muíños era máis complexa, pois abriuselle expediente disciplinario pola votación das VUT mais tamén por negarse a substituír a súa xefa de gabinete e o seu xefe de prensa, ambos cargos de confianza que a secretaría xeral quería renovar.
Dende entón, poucas foron as intervencións públicas de Muíños a este respecto, sen embargo, si chegou a manifestar que se era expulsado do partido mantería a súa acta de concelleiro. A expulsión, non é tal, senón unha inhabilitación por 19 meses. Pero a resolución non é definitiva e hai dez días de prazo para alegar ante a Comisión de garantías, e pese a que a Executiva local nomeou a Guinarte como novo portavoz, a maioría do grupo xa manifestou que segue a considerar que o voceiro é Gonzalo Muíños, a persoa que o pasado martes asinaba con Goretti Sanmartín e María Rozas o pacto para a aprobación dos orzamentos municipais de 2025.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- SG Monte do Gozo, la empresa que facilita vacaciones a los ganaderos gallegos: 'En el campo también hay sueldos de médico
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días

