Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

«Sorprendente e decepcionante», así é como cualifica a filtración o voceiro

Muíños vai interpoñer recurso contra a resolución da súa inhabilitación ante a Comisión Federal de Ética e Garantías e afirma que non descarta recorrer á xustiza ordinaria

El edil socialista Gonzalo Muíños avanza que recurrirá su suspensión ante Comisión Federal de Ética e Garantías del PSOE

El edil socialista Gonzalo Muíños avanza que recurrirá su suspensión ante Comisión Federal de Ética e Garantías del PSOE / Jesús Prieto

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago

No mediodía deste venres saltaba nos medios a noticia da suspensión de militancia e da inhabilitación durante 19 meses do concelleiro socialista Gonzalo Muíños por «indisciplina reiterada». Aínda que pasando por riba a cuestión, esta «indisciplina» está ligada á votación do grupo municipal socialista, do que Muíños é voceiro, en favor da ordenanza reguladora das VUT. A resposta do concelleiro socialista non tardou en chegar: «É tremendamente sorprendente e decepcionante que, unha resolución dun procedemento interno, que dicían ser garantista, sexa coñecida por todos os medios de comunicación antes que por un mesmo».

Gonzalo Muíños afirmaba que o feito de que a prensa tivese coñecemento desta decisión antes de que el mesmo recibese a notificación do partido «deixa ao descuberto as costuras dun proceder que, para nada se corresponde cos ideais dun partido no que levo 13 anos militando e para o que estiven traballando activamente, con lealdade e compromiso»

O até agora voceiro do grupo municipal socialista en Raxoi apuntaba xa medidas a tomar. «De acordo co artigo 42 dos Estatutos Federais e 84 e seguintes do Regulamento Federal de Desenvolvemento dos Estatutos Federais, contra esta resolución poderei interpoñer recurso ante a Comisión Federal de Ética e Garantías, e así o farei. Fareino desde a convicción de que o meu traballo sempre respectou os ideais do partido no que milito».

Pero o comunicado de Gonzalo Muíños non quedaba aí e, como xa vén sendo habitual dende que se lle abrira expediente disciplinario defendeu os intereses da veciñanza que representa por diante dos intereses partidistas. «Perseguín dar cumprimento ao mandato representativo que me corresponde como concelleiro da miña cidade, primando o interese xeral por enriba do particular e do partidista».

Así e todo Muíños afirma ter claro que «unha suspensión de militancia non é unha expulsión e que, ao non ser resolución firme, os meus dereitos fundamentais seguen intactos». O edil explicaba tamén a xuntanza do grupo municipal socialista «ao que sigo pertencendo», para valorar a nova situación e lembraba que é o grupo «o único órgano competente para nomear portavoz, tal e como se desprende da interpretación do artigo 24 do ROF e do 29 do ROM».

O concelleiro tampouco descarta acudir á xurisdicción ordinaria «en defensa dos meus dereitos» e insistía en que a decisión da secretaría xeral «non se sustenta en ningún incrumprimento real de regulamento algún». Tampouco se privou Muíños de falar claro, apelando a que a Comisión Executiva Municipal, dende a súa constitución, procurou a suplantación do grupo municipal e a nosa exclusión do debate público da nosa cidade, sen importar Compostela nin os que traballamos por ela».

«Dixen onte no debate sobre o estado do municipio, e manteño hoxe –en referencia ao venres–, que seguirei ata o último día do mandato sendo leal aos votantes do Partido Socialista co que concorrín as eleccións municipais, ao programa electoral co que me comprometín e, sobre todo, á miña cidade, pimando sempre o interese xeral por enriba de calquera cuestión particular», concluía Muíños.

Tracking Pixel Contents