Compostela despide o xaneiro máis chuvioso nunha década
Caeron 543 l/m2 en total, 320 máis que no mesmo mes de 2024 e os días de máis auga foron o 7 e o 26 con 80,8 e 77,3 l/m2

O vento e a chuvia foron os protagonistas en Santiago ao paso do temporal ‘Herminia’. / Jesús Prieto

Santiago comezou 2025 con mal tempo e a primeira damnificada foi a Cabalgata de Reis, que por mor da chuvia e do vento tivo que adiantarse ao 4 de xaneiro para evitar as complicacións meteorolóxicas que apuntaban as prediccións para o día 5. E tan só dous días despois a capital galega vivía o seu día máis chuvioso até agora, 80,8 litros por metro cadrado, nun mes no que se recolleron en total 543 l/m2, a cifra máis alta dende 2015, segundo os datos recollidos no Observatorio Astronómico Ramón María Aller.
En comparación co mesmo mes de 2024, a cifra pluviométrica foi 320 litros superior, o ano pasado por estas datas chovera en Santiago 223,9 l/m2. «Foi un dos meses de xaneiro máis chuviosos dos últimos tempos», explica o profesor José Ángel Docobo a EL CORREO GALLEGO, para destacar que tamén o 26 de xaneiro se recolleu un importante volume de precipitacións, chegando aos 77,3 l/m2. Ademais, entre o 21 e o 31 de xaneiro, a cantidade de chuvia recollida aproximouse aos 300 litros (278,9 l/m2).
Entre 2015 e 2025 tan só dous anos o dato da chuvia de xaneiro superou os 300 l/m2: 2020, con 302,6 litros e https://www.elcorreogallego.es/, o ano que máis se aproxima a este en canto a chuvias, cun rexistro de 436,8 litros por metro cadrado. E tamén en coincidencia con este xaneiro, neses dous anos houbo días nos que se superaron os 80 litros: en 2020 foi o 16 de xaneiro, cun rexistro de 87,3 l/m2; en 2016 o día de xaneiro con máis auga foi o 7, cando se recolleron 88,6 l/m2.
Os datos achegados polo Observatorio Ramón María Aller sobre o último trimestre de 2024 sinalan que foi outubro o mes máis chuvioso, pero aínda lonxe deste mes de xaneiro, con 391,8 l/m2. Nos meses de novembro e decembro as precipitacións déronnos aos composteláns unha pequena tregua e os rexistros marcaron unha recollida de 150,9 e 129,8 l/m2, respectivamente.
‘Herminia’ e ‘Ivo’
A finais de xaneiro azoutaron a península dous temporais: Herminia e Ivo. A primeira destas borrascas deixaba en Compostela numerosas incidencias. O domingo 26 de xaneiro recolléronse 88,6 litros por metro cadrado en 24 horas e a racha máxima de vento chegou ata 97,6 km/h. Ademais, o temporal provocou que os equipos de Emerxencias tiveran que dar resposta a anegamentos, caídas de árbores e desprendementos de diversos elementos do mobiliario urbano. O tráfico aéreo tamén se veu afectado con cancelacións de voos e moitos fogares santiagueses sufriron cortes de luz.
A borrasca Ivo chegou dous días máis tarde. Os Bombeiros tiveron que acudir para retirar tellas ou chapas en puntos coma Casas Reais, As Rodas, Fontiñas ou o Mercado de Amio e na zona de Figueiras caía un poste eléctrico. Herminia foi a borrasca que máis incidencias deixou na capital. «O Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento realizou 22 intervencións no domingo 26 de xaneiro; e 29 no luns 27. O martes 28 foron 13 as saídas dos bombeiros, e ao longo da mañá do día 29 xa se contabilizaban unha ducia», indicaron dende o Concello.
Pechábase así un mes que arrancaba co máximo de 80,8 l/m2 de precipitacións o día 7 e unha tromba de chuvia na mañá do día seguinte que en apenas dez minutos deixou 11,5 litros por metro cadrado en Compostela, coas conseguintes incidencias.
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- Nueva jornada de huelga de buses urbanos: Santiago, sin servicios mínimos

