Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Aprobada unha área peonil de acceso directo á Galiña Azul de San Roque

A obra ten un orzamento de 66.209 euros e un prazo de execución, unha vez adxudicada, de tres meses.

Aprobada unha área peonil de acceso directo á Galiña Azul

Javier Rosende Novo

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago

Entre os asuntos aprobados pola xunta de goberno local, o departamento de Obras decidiu acometer o proxecto de mellora da accesibilidade peonil cara á Galiña Azul situada en San Roque. En rolda de prensa, a edil Míriam Louzao especificou que a decisión do Goberno local «responde á escoita activa da vecinanza, xa que ao servizo de Liña Verde chegaron nos últimos anos reiteradas solicitudes de mellora da accesibilidade».

O proxecto consistirá en establecer un paso peonil elevado, que favoreza a redución da velocidade dos vehículos, que sexa «unha área peonil máis que un simple paso de peóns», e favoreza o acceso directo á gardería sen ter que desprazarse até os pasos de peón máis alonxados. A obra ten un orzamento de 66.209 euros e un prazo de execución, unha vez adxudicada, de tres meses.

Tracking Pixel Contents