MOBILIDADE
O PP demanda liberar tamén as tardes na ORA de Santa Marta
O edil popular Adrián Villa tamén aproveitou para denunciar a falta de puntos de luz no aparcamento do CIMUS

Parquímetro nas inmediacións do CHUS / ECG
El Correo Gallego
«Hai un ano, logo de manter reunións coa veciñanza e co tecido comercial, levamos ao Pleno a supresión desta ‘zona de recadación’», lembraba onte o edil do PP Adrián Villa en relación co anuncio do Goberno local de suprimir a zona ORA en Santa Marta os sábados pola mañá. Villa puntualizou tamén que a iniciativa levada ao Pleno «foi aprobada e na súa liña habitual os nacionalistas están a facer caso omiso á maioría da corporación municipal».
Villa remarcou que «o BNG tardou un ano en darse conta do erro cometido e, o que é máis grave, unha vez localizado o fallo, non corrixen todas as deficiencias por non querer asumir a súa incompetencia». O PP denuncia que a zona ORA nesa contorna «está baleira» e que «nas tardes de luns a venres, hai centos de prazas sen ocupar». Polas mañás, os populares afirman, logo de falaren coa veciñanza, que «se fai necesaria a rotación» mentres non estea rematado o parking do CHUS.
Por esta razón o PP demanda que o BNG «amplíe esa liberación anunciada para a mañá dos sábados, ás tardes do resto da semana e que deixen de perder o tempo con improvisacións e estudos absurdos, xa que, os que mellor teñen estudado o asunto son as persoas que viven e traballan no barrio de Santa Marta».
Villa aproveitou tamén para denunciar a falta de puntos de luz no aparcamento do CIMUS e reclamar a mellora do seu firme.
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”
- Uno de los accesos clave a Santiago estará cortado al tráfico este miércoles por las obras de la senda Milladoiro-Intermodal
- El precio de la gasolina se desboca en Santiago y rompe la barrera de los 2 euros el litro
