O PSOE pide liberar de pintadas o espazo público compostelán
Preguntará no próximo Pleno ao Goberno polo servizo gratuíto de limpeza nas fachadas particulares

A concelleira Mila Castro no Pazo de Raxoi. / CEDIDA
Redacción
O grupo municipal socialista preguntaba este luns ao Goberno local polo servizo gratuíto posto en marcha en 2021 para atallar a proliferación de pintadas e atender solicitudes de limpeza de particulares. O interrogante poñíao enriba da mesa a concelleira Mila Castro, «logo de recibir diferentes denuncias da veciñanza advertindo» do incremento de grafitis e pintadas no espazo público e, particularmente, na cidade histórica».
Castro referiuse ao servizo gratuíto de limpeza recalcando que «é un servizo que funcionou moi ben, chegando a atender arredor de 10 pintadas por semana e que permite actuar nas fachadas privadas». A edil xa preguntou por esta cuestión en abril do ano pasado e denuncia que «dende entón non só non se percibiron pasos adiante, senón que a situación de descoido do espazo público foi a máis».
Este programa de actuación sobre fachadas privadas a instancia de particulares púxose en marcha no último mandato socialista e no ano 2023 realizou máis de 300 actuacións. Agora, o PSOE reclama «coñecer se houbo avances para darlle continuidade ao programa» e quere «coñecer os plans do Executivo de Sanmartín para poder actuar sobre estes espazos nos que non pode facelo o servizo ligado á empresa concesionaria da limpeza viaria».
- Luto en la TVG y la Radio Galega por la muerte de la periodista Mabel Montes
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney
- Un restaurante compostelano se cuela entre los favoritos de los españoles para comer en 2025
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
