Santiago
Raxoi reúne 600 persoas para retirar unha planta invasora do Banquete de Conxo
O Concello de Santiago desenvolve esta semana unha campaña para a eliminación da tradescantia na zona do río Sar incluída no proxecto do Ecobosque

Javier Rosende Novo

O Concello de Santiago vén de poñer en marcha unha campaña para a eliminación da tradescantia no ámbito no que se vai desenvolver o proxecto Ecobosque, nas marxes do río Sar ao seu paso polo Banquete de Conxo. A primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas, deu conta onte dos detalles desta acción, na que xa está confirmada a participación de máis de 600 persoas voluntarias ao longo de toda esta semana.
A actividade inclúese no Plan de Participación Cidadá para a restauración do ecosistema fluvial do río Sar nesta contorna. O obxectivo é involucrar activamente á comunidade para garantir así a sustentanbilidade da actuación, e que non se limite a unha intervención patrimonial. Ao longo de toda a semana, persoal técnico do proxecto Ecobosque encargarase de explicarlle ás persoas voluntarias a problemática da Tradescantia flumensis, tamén coñecida como orella de gato. Posteriormente procederase á súa retirada de diversas zonas, que serán revexetadas con especies autóctonas para evitar o seu rebrote.
Máis de 600 voluntarios
Entre as máis de 600 persoas inscritas figura alumnado dos IES Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, así como dos colexios Quiroga Palacios, CEIP Vite, Cluny, Remedios e Milagrosa. Ademais, establecéronse vías de colaboración con empresas e entidades como a SD Compostela ou o Obradoiro CAB, que contribuirán a darlle visibilidade a campaña e que agasallarán ás persoas voluntarias con entradas para os seus respectivos partidos.
A retirada da tradescantia faráse todos os días desta semana, ata o sábado, e calquera persoa pode unirse no horario que mellor lle conveña: polas mañás de 10.00 a 13.00 horas; e polas tardes de 15.00 a 18.00 horas. Pódese confirmar a asistencia a través do correo electrónico bosque@santigodecompostela.gal ou no teléfono 981 54 30 60.
Plan de traballo
A Tradescantia fluminensis, coñecida comúnmente como herba da fortuna ou orella de gato, é unha planta exótica invasora orixinaria de Sudamérica que forma densas alfombras no sotobosque, desprazando a vexetación autóctona e afectando negativamente á biodiversidade local.
O material vexetal que se recolla será eliminado de maneira segura ou destinado á compostaxe, e as zonas nas que se retire a tradescantia serán restauradas ecolóxicamente con especies como a madreselva común, a hedra inglesa, o acivro menor ou o salgueiro negro. Posteriormente, porase en marcha un programa de monitoreo regular para detectar e eliminar posibles rebrotes desta especie, e realizaranse mantementos periódicos para asegurar a persistencia da vexetación autóctona.
Centros Socioculturais
Por outra banda, Rozas tamén se referiu ao estado do novo contrato para a xestión dos Centros Socioculturais tras as denuncias dos traballadores de impagos por parte da actual concesionaria. A concelleira indicou que os pregos están en fase de "tramitación interna" e agarda que poidan ser aprobados pronto en Xunta de Goberno. Ademais, indicou que contemplan un incremento orzamentario co que se satisfacen as demandas do persoal e reponsabilizou o anterior goberno municipal do conflito.
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”
- Uno de los accesos clave a Santiago estará cortado al tráfico este miércoles por las obras de la senda Milladoiro-Intermodal
- El precio de la gasolina se desboca en Santiago y rompe la barrera de los 2 euros el litro


