Un Entroido que reivindica o rural e ironiza co uso das redes sociais
Darán o pregón as Xeneralas da Ulla Alba dos Santos e Lucía Domínguez, unha pregoeira de 14 anos

Javier Rosende Novo

O ambigú do Teatro Principal foi unha vez máis o escenario da presentación do Entroido de Compostela 2025. A concelleira de Festas, Pilar Lueiro fíxose acompañar por Xosé Manuel Méndez, creador do Meco, e por Lucía Domínguez, unha das pregoeiras máis novas da historia do Carnaval compostelán, con tan só 14 anos, e xa Xenerala da Ulla.

Un Entroido que reivindica o rural e ironiza co uso das redes sociais / Jesús Prieto
O sábado 1 de marzo arrancan as festas e ás 20 horas subirase o Meco ao balcón do Pazo de Bendaña para que Lucía Domínguez, xunto á xenerala Alba dos Santos pronuncien o seu "pregón-atraque" con ironía e sátira sobre cuestións de carácter local que a moza de Angrois non quixo desvelar na rolda de prensa.
A concelleira, entre filloas feitas por ela mesma e orellas feitas pola súa nai, foi debullando a programación das Festas do Entroido sen esquecer facer un alto para falar da imaxe gráfica deste ano, cartel e programa realizados pola ilustradora Blanca Millán. «Quixemos darlle un peso máis especifico aos elementos do Entroido compostelán, referirnos á identidade santiaguesa a través de figuras simbólicas do noso concello», explicou Pilar Lueiro, porque no cartel non faltan as Marías, nin os Xenerais da Ulla, nin a Berenguela ou o propio Meco. Unha suma de «humor e atrevemento ao espírito do Entroido».
Lueiro apelou un ano máis á participación cidadá nesta festa, ás «ganas de divertirse» que, asegura, teñen que estar moi presentes no espírito da programación deseñada.
Xenerala dende o berce
Lucía Domínguez, pregoeira precoz, participou na rolda de presentación do entroido lucindo o seu traxe de xenerala e o sombreiro típico, coroado con plumachos de cores e plumas de pavo real. Explicou que foi o seu pai, tamén xeneral, quen lle dixo: «Vas dar o pregón», e a sorpresa e ilusión que supuxo para ela, que leva «no mundo dos cabalos e do entroido dende que nacín, é unha tradición dende o meu avó».
A moza de 14 anos comezou oficialmente nos Xenerais da Ulla o pasado ano, aínda que xa con cinco ou seis participou do carnaval. Con auténtica emoción explicoulle á prensa o «goce» que supón o desfile e os atranques dos xenerais e das xeneralas, «a ansia de que chegue o día e, no momento, percorrer as rúas e ver a toda a xente».
Un Meco "enredado"
Como xa acontecera en 2022 o Meco volve ser Donald Trump, presidente dos Estados Unidos, aínda que está vez con menor caracterización, aínda que non queda dúbida de quen "o cocho" vendo a súa indumentaria.
O artista Xosé Manuel Méndez explicou o contido da figura deste ano, un cocho traxeado coas cores da bandeira estadounidense e unha inmensa "nube" sobre a súa cabeza na que non falta o logotipo de ningunha rede social. Unha delas, con especial relevancia, preside o sobreiro do Meco, X, en alusión inevitable ao principal socio de Trump, Elon Musk.
Baixo o bandullo do cocho, unha rede sosten unha multitude de xente, pois como ben explicou o artistas "todos, dunha maneira ou doutra somos partícipes", desas redes. O mércores 5 o Meco, Trump, as redes e os enredados serán queimados ás 21 horas na praza Roxa.
Méndez lembrou tamén na súa intervención que "se cumpren 40 anos dende que o Concello de Santiago apoiara a idea de Chicho Losa de crear un Meco para Compostela. Así e todo, non hai 40 mecos, senón 35, pois no comezo demorou madurar a idea e a Covid impediu o entroido.

Un Entroido que reivindica o rural e ironiza co uso das redes sociais / Jesús Prieto
Festival infantil e sorteos
O domimgo 2 a sala Capitol acollerá o Festival Infantil de Disfraces. Entre as 16.30 e as 17.45 horas, a cativada pode inscribirse para participar cos seus disfraces e as 18 comezará a animación do desfile a cargo de A Run Run: Entroido a toda máquina.
Os premios para os mellores disfraces infantís están dotados con tarxetas agasallo cortesía de El Corte Inglés valorados entre os 15 euros e os 200 nas categorías grupal, por parella e individual.
O día grande do carnaval, o Martes de Entroido, será o desfile para todas as compostelás, con comparsas, charangas e carrozas e premios para os mellores. Ademais, aquelas persoas que participen nas distintas categorías (carrozas, comparsas, grupos, parellas ou en individual) e que non consigan premio poderán participar no sorteo de agasallos de gratificación por teren participado.
Durante a presentación a concelleira non quixo deixar de mencionar o Entroido de Conxo nin o rural, encarnado nos Xenerais da Ulla, que "atracarán" este sábado en Marrozos e o domingo en Angrois.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”


