Mocidade
Máis dun cento de propostas pasan á fase decisiva dos Orzamentos Participativos de Santiago
A votación para elixir o destino de 100.000 euros estará aberta ata o 24 de marzo

Rozas e os técnicos do seu departamento, este mércores en Raxoi / Cedida
Os Orzamentos Participativos da área de Mocidade do Concello de Santiago entraron onte na fase de votación para decidir o destino de 100.000 euros do presuposto municipal. Os mozos e mozas poderán elixir entre máis dun cento de propostas de diferentes áreas temáticas, e as máis votadas executaránse ao longo do ano. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, explicou en rolda de prensa o proceso de votación, que se prolongará ata o 24 de marzo.
Variedade e calidade
Rozas salientou que o proceso «volve rachar cos estereotipos e demóstranos que a mocidade quere participar na vida pública». Nese sentido, incidiu na «variedade e na calidade das propostas recibidas», que atenden a áreas temáticas moi diferentes, e que poñen de relevo «que temos unha mocidade con moitos intereses e cunha consciencia social, que temos que atender desde as administracións». A concelleira incidiu en que «os Orzamentos Participativos son unha ferramenta para termos unha democracia máis participativa, que non se limite a depositar un voto cada 4 anos, e que permite que os mozos e mozas teñan capacidade de decisión».
As propostas sometidas a votación están agrupadas en dez áreas temáticas diferentes. As que mási achegas teñen son as de deportes, pero tamén hai proposta sobre música, cine, gastronomía, tecnoloxía, medio ambiente, animais, igualdade, inclusión social e emprego.
Vías de participación
Nesta edición dos Orzamentos Participativos presentáronse un total de 179 propostas, das que foron validadas as 159 que cumprían os requisitos técnicos ou que non foron retiradas polas persoas propoñentes. As propostas similares foron agrupadas, de maneira que finalmente son 103 as sometidas a votación. Poderán participar os mozos e mozas nacidos entre 1995 e 2009 censados en Santiago a través da web decide.santiagodecompostela.gal.
Ademais, habilitaránse puntos de votación presencial en diferentes espazos vinculados á Universidade de Santiago. O primeiro será o xoves, 6 de marzo, na Facultade de Ciencias Políticas de 11:00 a 14:00 horas, e na biblioteca Concepción Arenal pola tarde, de 16:00 a 19:00 horas.
O departamento de Mocidade executará as propostas máis votadas, ata completar o orzamento de 100.000 euros asignado aos Orzamentos Participativos. Na edición anterior puideron desenvolverse un total de dez propostas.
- Un gallego licenciado en la USC, nuevo presentador de ‘Directo al grano’ tras la llegada de Gonzalo Miró a ‘Malas Lenguas’ en sustitución de Jesús Cintora
- Muere Luciano Pérez Villar, 'Chano', histórico referente de la hostelería compostelana
- María Meijide, la última vecina de un histórico edificio del Toural, deja Santiago: “Unha parte moi importante do meu traballo está aquí”
- Denuncia que cierran en Santiago su ciclo de FP a un curso de terminar sin darle opciones
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”
- La heladería que conquista a los peregrinos de Santiago con un sabor único en el mundo: 'Tenemos que reponerlo dos veces a la semana
- La lluvia desata una mañana caótica en Santiago y Oroso: tres accidentes con dos vehículos volcados en menos de una hora


