Senén Barro: «A IA aínda non é superior ao ser humano»
O director científico do CiTIUS ofreceu onte en Filosofía unha charla divulgativa para dar a coñecer a realidade tecnolóxica actual

O director científico do CiTIUS, Senén Barro, onte, durante a conferencia que impartiu na Facultade de Filosofía / Antonio Hernández
Irene Carril
O catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e director científico do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da Universidade de Santiago, Senén Barro Ameneiro, ofreceu onte na Facultade de Filosofía unha conferencia sobre a Intelixencia Artificial.
A charla divulgativa, ofrecida para un público diverso e con diferentes niveis de información sobre o tema, tivo como obxectivo principal dar a coñecer a realidade actual da IA. «De algún modo quero evidenciar dous puntos clave. Por unha parte, faise necesario falar sobre a realidade que hai a día de hoxe con respecto á Intelixencia Artificial; e por outra banda, aportar realismo á idea de que detrás da tecnoloxía hai un traballo humano», expón.
Sobre o panorama actual que vivimos dende a irrupción da Intelixencia Artificial, Barro, comenta que «é importante desmontar algúns discursos que falan de que a tecnoloxía pode estar, en moitos sentidos, próxima ao ser humano. Pero iso non é certo. Malia que, en algunhas competencias a Intelixencia Artificial sexa superior –como na resolución de problemas concretos e complexos, algúns xogos, ou nalgúns casos de análise de imaxe médica– como intelixencias de propósito xeral aínda non o son. O ser humano si o é», comenta Barro.
Intelixencia non tan artificial
De ahí o título da charla Intelixencia Artificial: nin tan intelixente, nin tan artificial. «Aínda hai moitas cousas que facemos de modo inconsciente, e que asociamos a unha intelixencia destacada. Pero, necesariamente, correspóndense coa capacidade que ten o noso cerebro e, por iso, as máquinas precisan todavía moito de nós», explica o científico, quen engade que «por exemplo, para a Intelixencia Artificial sería bastante máis fácil aprobar o MIR que para moita xente. En cambio, non sería posible que fixera unha tortilla de patacas. Todo o que conleva o proceso é especialmente complexo para as máquinas, por iso segue sendo preciso a man humana».
Na segunda parte da charla o investigador tratou a idea de que «realmente non é tan artificial. Cada solución a un problema complexo, malia que se faga mediante a aprendizaxe automática, supón un traballo humano previo moi importante no que se precisa a interacción de persoas especializadas no tema», comenta.
«Aínda hai moito traballo manual detrás», di Barros, que conclúe apuntando que coa charla «búscase aportar realismo ao escenario actual, pero sen facer conxeturas de futuro».
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- Sábado trágico en Santiago: una mujer pierde la vida tras caerle encima una nevera
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- «Visitar esta zona de la Catedral de Santiago es algo increíble»
- Pesar por la muerte de Ramón Martínez-Rumbo, exdirector de Neurocirugía del CHUS y pionero en cirugía del Párkinson
- Fallece Francisco Barreiro, el doctor que impulsó la Cirugía Mayor Ambulatoria en el CHUS
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
