Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Os socialistas permiten desbloquear "por fin" a ‘operación Peleteiro’

A edil Mercedes Rosón reivindica que o proxecto actual «era bo en 2022 e tamén o é agora»

Colexio Manuel Peleteiro, no Ensanche compostelán. |

Colexio Manuel Peleteiro, no Ensanche compostelán. | / Jesús Prieto

Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago

Os votos a favor de BNG, Compostela Aberta e o grupo municipal socialista déronlle luz verde ao «desbloqueo» da ‘operación Peleteiro’ aprobando a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) no ámbito do PERI-12. A revisión sae agora adiante, pero na súa intervención a concelleira socialista Mercedes Rosón non deixou pasar a ocasión de reivindicar que se trata dun proxecto xestado durante o anterior mandato, o de Xosé Sánchez Bugallo. «O que era un bo proxecto en 2022 tamén o é agora», dixo a edil, que lle afeou a Goretti Sanmartín e María Rozas que non votasen a favor no seu día, «non todas somos iguais». 

O proxecto someterase agora a información pública durante dous meses «para favorecer a participación» e solicitaranse os informes sectoriais. 

Antes de someter a votación a proposta, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, parabenizouse de que esta iniciativa saia adiante despois de dúas décadas e calificouna de «triunfo colectivo». Pero o líder do PP de Santiago, Borja Verea, coincidiu en parte con cualificar o proxecto coma o mesmo que xa presentara o PSOE e criticou que «despois de dez anos de negociación de PSOE, BNG e Compostela Aberta é o mesmo mamotreto, un bloque de pisos».

Fronte á defensa do bloque progresista en Raxoi do incremento da vivenda pública na parcela até «un mínimo» do 45% do total e á limitación do uso comercial á planta baixa promovendo o comercio local «en lugar dun centro comercial» o voceiro do PP asegurou que o importante para o grupo que lidera sería «destinar o 100% do espazo a equipamentos» sociais, culturais e deportivos e así «incorporalo ao patrimonio público». 

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents