Martes de Entroido
'O Gorettariado': o equipo de goberno vólveo facer e este ano disfrázase de Goretti Sanmartín
A partir das 17.30 bota a andar o desfile de Entroido na avenida de Ferrol

O BNG de Compostela sorprende disfrazándose de Goretti Sanmartín / BNG de Santiago
Poucas dúbidas quedan do gusto da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, polo disfraz e polo Entroido, e tampouco está en cuestión esa paixón dentro do equipo de goberno do BNG. Se o ano pasado chanceaba coa crítica de Borja Verea e do PP local en relación ao "sultanato" de Sanmartín polo número de asesores e altos cargos do Executivo local, este ano tocou seren todos Goretti, a mensaxe detrás queda no aire: "Todos somos Goretti" ou "Hai moita Goretti", poderían ser algunhas interpretacións.
A ninguén escapa o delicado momento da lexislatura -de por si fráxil nun Goberno en minoría- coa crise que se está a vivir nas filas do grupo municipal socialista, co proceso de expulsión do PSOE de catro dos seis edís, e principal aliado na oposición do Goberno bipartito. Pero é tempo de Entroido, así que no Martes de Carnaval o equipo de Sanmartín decidiu disfrazarse da alcaldesa de Santiago e compartir coa veciñanza unha fotografía dende os salóns do Pazo de Raxoi.
Esta tarde, dende as 16 horas, comezará a concentración de carrozas na avenida de Ferrol, dende onde partirá o desfile ás 17.30, que atravesará o Ensanche pola praza Roxa até a rúa do Hórreo para encamiñarse á cidade histórica.
Comparsas, grupos e disfraces individuais danse cita, como se darán os concelleiros do equipo de goberno, nunha tarde na que tamén haberá premios para os máis entroideiros e enxeñosos entre os participantes no concurso.
Un Entroido participativo
O lema do Bipartito en relación coa festa do Entroido centrouse en que sexa evento de participación cidadá e socialización. Quen, sen dúbida, está a implicarse e participar é a alcaldesa nacionalista. Este martes disfrazouse de si mesma co seu equipo, pero non é este o seu primeiro disfraz das festas de 2025.
Este mesmo luns, Goretti Sanmartín participaba no evento dedicado ás Marías, figuras reivindicadas por este goberno e vencelladas ao feminismo e ao empoderamento da muller sen perder de vista a proximidade do 8 de marzo, día de reivindicación feminista e feminina.
E tamén o domingo houbo disfraz da rexedora, desta volta para asistir, tamén participando, no desfile infantil que tivo lugar na Sala Capitol.
- Primer AVE ‘directo’ de Santiago a Madrid sin paradas intermedias en Castilla y León
- Luto en el CHUS y en la Universidad de Santiago por la muerte de la conocida doctora Chelo Astorgano
- Los dueños de fincas en el Ensanche Norte pueden renunciar a la expropiación a cambio de participar en el desarrollo urbanístico de la zona
- Siete operarios y una semana de trabajo para montar la noria de la Ascensión en Santiago: 'Es una de las más grandes de Europa
- O Son do Camiño ya tiene horarios: así queda el festival
- Adiós a la librería Ártico de Santiago tras casi medio siglo: 'Nunca me recuperé de la crisis de 2008
- La residencia de estudiantes de Santiago que ha cambiado de nombre discretamente tras una denuncia por memoria histórica
- Una furgoneta pierde el control en el polígono del Tambre, se salta varios carriles y acaba empotrada contra la nave de Aluminos Cabeal

