O PP, contra a suba de prezos no parking da Choupana
Din que a municipalización do aparcamento da praza de Galicia «non vai chegar para o mes de xullo»

Aparcamento da Choupana, na contorna do CHUS / Jesús Prieto

A xunta de goberno local de Santiago aprobou este luns a actualización das tarifas dos aparcadoiros do Hórreo e San Clemente, que coa suba do IPC se incrementarán nun 2,4%. A hora pasará de custar 2,30 a 2,35 euros no primeiro e de 2,35 a 2,40 o segundo. Increméntanse os abonos mensais de 183 a 187,39 euros, no Hórreo, e de 199,83 a 204,62 euros no parking de San Clemente.
A actualización de tarifas, o Concello afirma que está «obrigado por contrato» a facelas e sinala que «a empresa está facultada, por ese contrato, a actualizar os prezos, sen necesidade de que teña que autorizalo a xunta de goberno». Pero esta suba súmase á realizada no parking da Choupana, «o máis caro de Santiago» e é obxecto das críticas do Partido Popular, que afirman que o anuncio de Raxoi da municipalización dos aparcamentos das prazas de Galicia e de Vigo foi unha manobra para distraer a atención da suba na Choupana.
«Que se fixo nos últimos dous anos?», preguntábase o edil Adrián Villa sobre a municipalización dos parkings, defendendo que foi o PP quen a puxo sobre a mesa «en 2020 e tamén na campaña electoral». Villa critica que o Goberno local non fixo o seu traballo e por iso, «en lugar da tramitación ordinaria teñen que optar pola vía de urxencia e dan a entender que non lles dará tempo a telo listo en xullo».
Insistindo en que Raxoi quere mover o foco da suba nas tarifas do aparcadoiro da Choupana, dende a bancada popular propoñen que se busquen solucións á suba de 2,8% e denuncian que a consecuencia de que a municipalización dos parkings das prazas de Galicia e Vigo non estea cerrada implica na Choupana que unha estancia de tres horas ascenda «aos oito euros, o que supón un sabrazo indecente». Cren que Raxoi debe tomar medidas, como «poñer en marcha unha bonificación nesas tarifas, que permita reducir de forma considerable, os prezos».
Raxoi lembra que o PP prometera baixar estas tarifas antes de chegar ao goberno en 2011, promesa que «non cumpriu». En canto á municipalización dos parkings de praza de Galicia e praza de Vigo, «o Goberno local está traballando» aseguran e este traballo «non comeza agora senón que se estivo a recabar a documentación precisa para iniciar o proceso». Recalcan ademais que «debe ser unha comisión a que decida cal é o mellor modelo de xestión, e nas súas mans estará axilizar ou ralentizar o procedemento» e insisten en que «no caso de non chegar a tempo para asumir a xestión, existen fórmulas para ampliar temporalmente a concesión sen afectar o servizo».
- Los sindicatos deciden aplazar la huelga indefinida del transporte: el lunes continúan las negociaciones en Santiago
- Christian Gálvez: «Santiago es mi segunda casa y es parte de mi vida»
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago
- El compostelano Borja Iglesias se pronuncia sobre la discriminación: 'Mi objetivo era concienciar y ayudar
- Suspendida la huelga indefinida de buses en Santiago tras el principio de acuerdo entre patronal y sindicatos
- La CIG espera cita con la patronal: si no hay acuerdo el lunes se reactiva la huelga de buses indefinida en Santiago
- Los trabajadores votan este miércoles si desconvocan la huelga de buses en Santiago
