A UMAD actúa en Santa Marta a través do programa de intercambio de xiringas
A edil Pilar Lueiro nega que a unidade «se estea desmantelando» e asegura que se segue a atender «o mesmo número de pacientes dos últimos anos»

A concelleira de UMAD, Pilar Lueiro. / CONCELLO

A concelleira de UMAD -Unidade Municipal de Atención a Drogodependencias-, Pilar Lueiro, referiuse ao remate dunha rolda de prensa ás actuacións da unidade de atención a drogodependentes en Santa Marta. «A UMAD non é o problema», asegurou a edil, «é parte da solución». «Hai un programa en marcha, ao que non imos darlle publicidade porque non sería beneficioso», aclarou Lueiro en relación con actuacións que requiren discreción para non resultaren disuasorias para as persoas ás que se pretende chegar.
Lueiro indicou tamén que no barrio de Santa Marta se está a levar a cabo o programa de intercambio de xiringas, que se realiza tamén na UMAD, «dende hai anos, cada vez que se entrega unha xiringa usada dáselle outra, é unha maneira tamén de que non queden restos por aí tirados». A edil insistiu en que o problema de Santa Marta «vén de hai moitísimos anos e agora incrementouse», pero a respecto da intervención da unidade nesa zona lembrou que «para ser usuario da UMAD hai que querer selo», en relación coa voluntariedade necesaria para a desintoxicación.
A respecto da situación da UMAD, Pilar Lueiro reivindicou que «non está desmantelada, seguimos atendendo o mesmo número de pacientes que se atendía nos anos anteriores». Na actualidade hai un psiquiatra por horas e este mesmo mércores incorporouse unha psicóloga clínica. «Temos o compromiso da Xunta para repoñer as persoas que se xubilan, e reiteraremos as peticións», indicou.
- III Feria de Antigüedades y coleccionismo, este sábado y domingo en el Outlet Área Central
- El restaurante de Santiago que ha enamorado a un conocido influencer gastronómico: 'Volveré, directo a mis favoritos
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- Buscan unos figurantes muy especiales para una «gran producción de época» que pronto se rodará en Santiago
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
