Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Reformas en Santa Isabel: as obras na piscina obrigan a pechala nos meses do verán

Abril será o mes de acopio de materiais para iniciar unhas obras de rehabilitación integral cun orzamento de 2,6 millóns

Lueiro e Domínguez (no centro) e os arquitectos Ranedo e Briega (nos extremos)

Lueiro e Domínguez (no centro) e os arquitectos Ranedo e Briega (nos extremos) / Antonio Hernández

Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago

Os concelleiros de Deportes, Pilar Lueiro, e de Obras, Xesús Domínguez, deron conta este martes dos pormenores da rehabilitación integral do Complexo Deportivo Santa Isabel, cuxas primeiras actuacións -acopio de materiais- comezarán xa no mes de abril.

As obras, adxudicadas a Misturas Obras e Proxectos SA, contan cun orzamento de 2,6 millóns de euros con cargo a fondos Pirep do Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana e un prazo de execución de oito meses que a concelleira Pilar Lueiro asegura que se vai cumprir.

Unha das principais novidades afecta á porta de entrada do complexo deportivo, que se vai trasladar á praciña lindante co pavillón, será un acceso acristalado na fachada que agora loce un mural que dará a un espazo recibidor.

As actuacións na piscina desenvolveranse nos meses de verán, xa que deberá pecharse ao público e é o momento no que paran as competicións. Segundo explicou o arquitecto técnico Diego Briega, os prazos haberá que concretalos coa empresa «pero la idea es ir preparando todo durante el mes de abril y sobre mayo, casi seguro, el pabellón quedará cerrado y en los meses de verano, lo que tiene que ver con la piscina». Até o de agora, a piscina pechaba no mes de xullo os domingos e tamén na segunda quincena de agosto, na primeira, xa estaba totalmente pechada.

«Tamén se vai a actuar sobre a cuberta e no vaso», explicaba Lueiro, e engadía sobre este último que quedará «completamente renovado así como a praia da piscina». Unha obra que como ratificaba Briega obrigará a manter pechada ao público esa parte do complexo durante os meses de verán, cando paran as competicións. Lueiro indicou tamén que se segue a traballar para reunir fondos para a ampliación da parte exterior da piscina, que require de catro pistas máis para poder acoller máis e máis importantes competicións que precisan, por exemplo, de zona de quecemento. 

En canto ao proxecto dunha terceira piscina municipal na capital galega, que durante a c ampaña electoral se falara de situar en Santa Marta, a concelleira de Deportes afirmou que se vai licitar, «espero que antes do verán e nese proxecto vai a piscina» p ero engadiu que «non se nos quita a idea de que antes da fin do m andato teñamos noticia da ampliación da piscina de Santa Isabel e foi rotunda ao afirmar que «traballo para conseguir máis auga para Santiago».

"Conservar o que xa temos"

Estas obras de rehabilitación integral son, nas palabras da concelleira Lueiro, "unha oportunidade para conservar o que temos e o que se fará fundamentalmente son actuacións de mellora de eficiencia enerxética e accesibilidade".

A edil explicou que para acceder ás gradas as persoas con mobilidade reducida disporan, logo da obra, de ascensor e "tamén se van a facer uns baños accesibles". Por outra parte, gañarase acceso á praza lindante co pavillón pasando a esa zona a portada principal. Será un acceso acristalado na fachada que agora loce un mural que dará a un espazo recibidor.

Tamén se vai actuar na envolvente e mais na cuberta "porque, aínda que é o pavillón que máis actividade ten de Compostela e onde recollemos os mellores campionatos que veñen á nosa cidade é un pavillón que ten goteiras", recoñeceu a titular de Deportes. Unha actuación directa sobre a cuberta "que non estaba prevista no inicio desta actuación tan fonda".

Na rehabilitación de Santa Isabel cambiaranse tamén as carpintarías exteriores e vaise poñer unha instalación fotovoltaica incluída nas actuacións para a eficiencia enerxética, así como «cambiar todas as luces a LED».

Piscina do complexo deportivo de Santa Isabel

Piscina do complexo deportivo de Santa Isabel / Archivo

Apertura do polideportivo de Vite

A concelleira Pilar Lueiro anunciou durante a súa comparecencia de prensa que "en poucas semanas inauguraremos o pavillón de Vite un proxeto que é certo que o recollemos pero no que tivemos que facer melloras e por iso aínda non o inauguramos". Unhas melloras referidas nesta caso á pista deportiva.

Tamén fixo referencia a edil á primeira fase de rehabilitación do estadio Verónica Boquete, onde se actuará tamén sobre a envolvente e apuntou que se realizarán melloras nas instalacións de Lamas de Abade, que acolleron os adestramentos de hockey durante a obra en Vite e que acusan problemas de condensación de humidade.

A concelleira explicou que non só se trata de «recuperar espazos deportivos que están moi mermados e necesitan de moita actuación» e amosouse «moi contenta e esperanzada» con outras infraestruturas que se van recuperar botando man de fondos Edil, como o novo equipamento de Salgueiriños, «que terá pavillón e dúas pistas».

Obras no Pombal

O concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, explicou que o pavimento da rúa Pombal está na fase de fraguado, que se iniciou o 28 de febreiro e require de entre tres e catro semanas. Quedan ademais por resolver cuestións administrativas para a recepción da obra, que tiña como prazo de entrega este mes de marzo, e todo indica que non demorará, pero tamén que non poderá estar entregada antes do mes de abril.

Tracking Pixel Contents