Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Axenda cultural: Que facer hoxe, 19 de marzo, en Santiago?

Concertos, libros e teatro, entre as propostas para facer este mércores, Día do Pai, en Compostela

Dobre cita literaria na Libraría Numax e en El Corte Inglés

Dobre cita literaria na Libraría Numax e en El Corte Inglés / NUMAX

Santiago

Dobre cita literaria na Libraría Numax e en El Corte Inglés

LIBROS. Os libros serán protagonistas hoxe en Santiago por partida dobre. A libraría Numax acolle ás 19.00 horas a presentación de Agenciamientos ecológicos. Arte y gobernanza en la era de la crisis climática (Bartlebooth) coas investigadoras Natalia Balseiro, Brais Estévez e Fran Quiroga.

A entrada é libre ata completar aforo. Ademais, tamén ás 19.00 horas Curro Cañete, un dos principais referentes do coaching en España, estará na libraría de El Corte Inglés asinando exemplares do seu último libro Sueña, crea, visualiza.

Noite de música en directo nos bares da zona vella de Compostela

CONCERTOS. Varios locais da zona vella de Compostela ofrecen actuacións de música en directo esta noite.

Na Casa das Crechas estarán Malabesta ás 21h (6 euros) e haberá foliada a partir das 22h (2 euros). Ás 21h o Modus Vivendi contará coa presenza da Banda Gran Bazar, mentres que o Café Bar Arume terá a Joao Alberto ás 21.30h, ambos na modalidade de entrada inversa.

Ademais, a Borriquita de Belem celebra unha nova Sesión Trapiche a cargo de Alejandro Vargas Trío ás 21.30h (8 euros). 

Continúa o ciclo Cineduca e volve o Cineclube

PROXECCIÓNS. A mostra Cineduca do Ateneo de Santiago continúa hoxe ás ás 19.00 horas na Rúa do Vilar 19 coa proxección do filme Adeus, rapaces, do recoñecido cineasta Louis Malle.

Ademais, o Cineclube volve ao Pichel tras a paréntese da MICE cun ciclo dedicado ao humor. Hoxe ás 21:30 horas poderase ver a película Maso e Miso van en barco.

Concerto de John Primer en Capitol

CONCERTO. John Primer, unha das lendas vivas do auténtico ‘real deal blues sound’ de Chicago, actúa na Sala Capitol ás 21.30 horas con entradas a 17 euros.

O seu último traballo é un reflexo dos tempos duros que a humanidade está vivindo actualmente, pero tamén de como sobrepoñerse a eles a través do blues.

Mesa redonda arredor do futuro industrial

CONFERENCIA. O Centro de Investigación Mestrelab (Avenida de Barcelona, 7) acolle ás 18.00 horas unha mesa redonda sobre o futuro industrial de Galicia e o papel das startups na súa transformación.

Libro 'Galicia, distrito industrial'

Libro 'Galicia, distrito industrial' / CEDIDA

Contará coa participación dos autores do libro Galicia, distrito industrial, Antón Baamonde e Daniel Hermosilla.

Novo pase de ‘A burra, a mesa e o pau’

TEATRO. O Salón Teatro ofrece ás 18.00 horas un novo pase de A burra, a mesa e o pau, unha obra de teatro producida polo CDG con dirección de Lorena Conde (10 €).

O elenco está formado por Xúlio Abonjo, Maika Aguado, Beatriz Barcia, Xosé Manuel Esperante, Andrés Giráldez, Alixa Ladson, Roberto Leal, Mario López, Pablo Loureiro, Carla Mojón, Grial Montes, Paloma Otero, Paulo Serantes, Nelu Vermouth eArantza Villar.

A Fundación Granell abre un ciclo de charlas

ARTE. A Fundación Granell dará comezo hoxe ás 19.00 horas ás Charlas na Biblioteca coa conferencia ‘Eugenio Granell e Santiago de Compostela: a historia dun pazo’, impartida por Clara Permuy Pérez.

Nela abordarase a historia do Pazo de Bendaña, actual sede da entidade, e a relación que mantivo o pintor surrealista Eugenio Granell con este edificio.

Tracking Pixel Contents