Arranca o oitavo ‘Alguén que respira!’ no Día Mundial da Poesía
Desenvólvese até o sábado 22 de marzo no Teatro Principal con recitais e conversatarios

Álvarez Cáccamo no balcón do Teatro Principal. / CEDIDA
Redacción
Botou a a andar este xoves unha nova edición do Festival de Poesía para Corpo Principal Alguén que respira!, un evento que vai xa pola oitava edición e que iniciou no ambigú do Teatro Principal de Santiago cun café faladoiro Poesía /vida/ exilio, no que participaron os poetas palestinos Samer Abu Hawwash e Mohamad Bitari.
Na xornada da tarde, e no marco do Día Mundial da Poesía, o escritor Xosé María Álvarez Cáccamo deu lectura, dende o balcón do teatro, ao manifesto deste ano.
«A vida é unha estrutura molecular autoorganizada capaz de intercambiar enerxía e materia coa contorna para automanterse, renovarse e reproducirse», así empezaba o manifesto que establecía un paralelismo coa «estrutura molecular do poema», que se organiza «a partir da materia lingüística conducida por impulsos de enerxía rítmica».
Explicando que «o poema automantense no perímetro da unidade compositiva e renóvase en cada lectura» o manifesto defende que «a Poesía» –con maiúsculas– «é un fenómeno universal axustado aos procesos de evolución por adaptación ao medio histórico e a un permanente intercambio de enerxía coa contorna».
Unha contorna agora «dominada pola vulgaridade reaccionaria, o terrorismo de estado, o crime de lesa humanidade e a violencia imperialista», males todos eles que combate a poesía, pois «o poema é un instrumento de resistencia activa contra o fascismo».
O manifesto reivindica tamén o poema como «un aparello de alta precisión óptica que capta e interpreta a materia escura do pensamento para transformarse, por medio da creación artística, en renovada manifestación de vida que non representa copia da vivencia orixinal».
- El bar de Santiago premiado como uno de los mejores de España: 'Cuando lo montamos nos decían que era una locura
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan
- Vuelve la fiesta que hace viajar a Santiago 50 años atrás: verbena, juegos tradicionales, música y magia
- Atropello en Rosalía de Castro: dos peregrinas heridas tras perder el control del vehículo un conductor octogenario
- El restaurante más antiguo de Galicia lleva casi dos siglos abierto en Santiago: 'Fuimos ultramarinos, aserradero e incluso hicimos ataúdes
- De las aulas de Santiago a la graduación en Michigan: la historia de éxito de Carlota Garabato en Estados Unidos
- La heladería artesana que triunfa en el casco histórico abre en Santiago su segundo local con helados sin lactosa
- Orquesta Compostela,107 años siendo el latido musical de Santiago
