Entrevista | Rodrigo Costoya Escritor e profesor de Educación Física no IES Rosalía de Castro
«Descubrín que Xelmírez é un xenio político e quixen contar a súa historia»
Tras percorrer 30 veces a ruta Xacobea, publica a súa quinta novela, O século do milagre

O escritor Rodrigo Costoya na presentación do seu libro " O século do milagre " en Santiago / Antonio Hernández

O escritor compostelán Rodrigo Costoya (Torrelavega, 1977 ) está de xira para presentar o seu novo libro, O século do milagre (a consagración de Compostela), e despois de falar dese relato en Santiago (en Marida e Vencerás), visitou Bueu o venres 21 de marzo, A Coruña o 22, e estará na Veiga o 28, Tenerife o día 30, Madrid (31), Poio (11 de abril), A Guarda (12), Santa Comba (18), Neda (19), Palencia (25), Zaragoza (26), Ourense (16 de maio), Carballiño (17) e Ribadavia (17). Esta novela histórica artella esta conversa con EL CORREO GALLEGO. Abrimos o diálogo falando da semente desta obra que edita en galego e castelán a editorial madrileña Pàmies.
«Como escritor de novela histórica e persoa con paixón pola Historia, a historia de Santiago, a miña cidade, interésame de xeito especial e tamén a historia do Camiño, e descubrín que os propios habitantes da cidade descoñecemos a historia da nosa cidade porque a realidade queda eclipsada polo relato mítico», apunta.
"Todo foi obra dun home"
«Investigando, descubrín que, aparte da lenda xacobea, do mito e desa historia inventada... investigando, descubrín que todo foi obra dun home, dun único xenio político e quixen contar a súa historia... Nós, os escritores de novela histórica, non usamos fontes primarias, nós non botamos man do arquivo catedralicio, iso queda para os investigadores, nós imos aos resultados desas investigacións dos historiadores en base á análise de documentos e de crónicas, para nós ten un valor enorme ese documento que é o Registrum ou Historia Compostelana que é precisamente a crónica da vida de Xelmírez, feita en vida de Xelmírez, unha crónica interesada, encargada por el mesmo. E o segundo libro sobre o cal traballamos é o Liber Sancti Iacobi - Codex Calixtinus, que estaba xa na Catedral antes de que se rematara a Catedral... E entre eses dous documentos e as investigacións que se fan en base a iso e a investigacións en moitas outras fontes, coñecemos que foi o que realmente pasou, porque tamén manexamos obras literarias como pode ser o Cantar de mio Cid, que é unha lenda narrada pero ten una importante base histórica»,sinala Rodrigo Costoya, que tamén afonda no papel de Xelmírez, o primeiro arcebispo de Santiago.
«O que me chamou a atención é o que fixo Xelmírez para conseguir consagrar Compostela como unha das grandes cidades do cristianismo xunto con Roma e Xerusalén, cando Compostela non era nada, porque cando nace Xelmírez, nin había bispo, porque estaba en Iria-Flavia, nin Catedral, xa que aínda non se empezara a construír, nin apenas peregrinos porque Santiago estaba moi lonxe e era un lugar secundario e, o máis importante, a reliquia do suposto corpo do Apóstolo Santiago era máis que dubidosa, algún bispo fora excomulgado polo papa por afirmar que aquí estaba enterrado Santiago... E, no que foi a súa vida, Xelmírez consegue que veña para Compostela o bispado, que se eleve a rango de arcebispado, que se coroe a un rei como Alfonso VII coa Catedral a medio facer, e é capaz de colocar no trono do Vaticano a un aliado seu, Guido de Borgoña, irmán do que fora Conde de Galicia, Raimundo de Borgoña, e consegue facelo papa, nada menos..., e baixo o seu mandato, Compostela consegue grandes cotas de poder político e poder económico e de expresión artística coa Catedral, e todo iso conségueo nunha vida, por iso chamamos a ese período O século do milagre», manifesta este escritor e profesor de Educación Física no Rosalía de Castro.
"Plan sen fisuras"
Rodrigo Costoya vai sobrado de paixón cando fala do contido de O século do milagre, libro que supón a súa quinta novela histórica: «A xenialidade dun so individuo como Xelmírez, que nin sequera era nobre porque era fillo dun militar, dun soldado, baséase en que foi capaz de facer un plan sen fisuras para facer de Santiago un sitio único que segue sendo único 900 anos despois», salienta o autor antes de engadir detalles sobre a misteriosa biografía do principal protagonista das 500 páxinas seu libro: «Xelmírez nace nunha data aproximada, sobre 1068, en Santiago ou posiblemente en Catoira, no que hoxe son as Torres do Oeste, porque seu pai era o alcalde que, moi novo, se integra na corte do rei, algo inaudito para unha persoa de baixo berce como era el, e sabemos que está rodeado de círculos de poder desde moi novo...», sinala.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- Santiago pone fecha a la llegada de la Navidad : del encendido de las luces a los mercados, todo lo que debes saber


