Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Festa da Uña de San Lázaro: máis de 10.000 racións en catro días de celebración para "dar a coñecer a Compostela dos barrios"

Vai decorrer do 4 ao 7 de abril con charangas, gaiteiros e coas actuacións da París de Noia e Olympus

Festa da Uña de San Lázaro: máis 10.000 racións en catro días de celebración para "dar a coñecer a Compostela dos barrios"

Festa da Uña de San Lázaro: máis 10.000 racións en catro días de celebración para "dar a coñecer a Compostela dos barrios" / Jesús Prieto

Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago

Arredor de 10.000 racións de uña é o que Fernando Neira, presidente da Orde da Uña, estima que se reparten en San Lázaro durante a celebración da súa festa gastronómica. O evento dá comezo o día 4 de abril e clausura o día 7, pero o presidente lembra tamén que, "para quen busca maior tranquilidade que a deses días, os restaurantes serven a uña na semana anterior e na posterior" á festa.

Este ano a festa conta cun día máis. O venres 4, que se dará lectura no Centro Comercial As Cancelas ao pregón, un discurso que vai correr a cargo da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e que ademais é unha lectura que non se producía dende o ano 1993. De acompañamento á apertura das festas da man da alcaldesa, vai haber nese evento, que inicia ás 20 horas, música en directo e degustación gastronómica.

Na presentación do programa deste ano da Festa da Uña, o presidente da Orde da Uña acompañou a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil. Esta última destacou as "grandes posibilidades de promoción turística" que ofrece esta festa gastronómica, que ademais conectou como continuadora do pasado Santiago(é)Tapas, que concluiu nas pasadas semanas.

A edil Míriam Louzao destacou da Festa da Uña de San Lázaro (barrio do que ademais é veciña) "a posta en valor deste prato tradicional" e o feito de que contribúe, pola súa propia localización "a amosar os recursos turísticos de Santiago máis alá da améndoa, dando a coñecer a Compostela dos barrios". Unha afirmación que se verifica no número de restaurantes que van ofrecer ración de uña estes días, un total de 25, dos que segundo informou Flavia Ramil "dezaseis están en San Lázaro e nove noutros barrios", coma o Castiñeiriño, Vista Alegre ou Vidán.

Máis alá do bo comer, a Festa da Uña contará coma sempre con charangas e gaiteiros, coa Banda Municipal de Música o luns da poxa, sesión vermú o sábado co grupo Fusión -que tamén actuará á noite xunto á París de Noia- e a charanga BB+ na sesión vermú do domingo, con amenización nocturna da man do grupo Cayenna. A Olympus actúa o luns, pechando a festa.

Igual que o ano pasado, a SD Compostela agasallará entradas para o partido do 6 de abril contra o Salamanca no estadio Vero Boquete entre as persoas que deguste o prato nos establecementos adheridos á promoción gastronómica da Festa da Uña.

Festa da Uña de San Lázaro: máis 10.000 racións en catro días de celebración para "dar a coñecer a Compostela dos barrios"

Festa da Uña de San Lázaro: máis 10.000 racións en catro días de celebración para "dar a coñecer a Compostela dos barrios" / Jesús Prieto

Un porquiño poxador, imaxe deste ano

Fernando Neira explicou en rolda de prensa a imaxe gráfica da Festa da Uña 2025, un porquiño poxador, e lembrou que este ano a organización quere homenaxear "os tres últimos poxadores: Ramón Taboada (poxador durante 33 anos), Juan Carlos López 'o Municipal' e José Antonio Mosquera".

O fillo deste último 'herdou' o posto de poxador do seu pai -falecido nun accidente hai uns anos- e a imaxe gráfica da festa é un remedo/recoñecemento do seu traballo. Un porquiño rideiro, cunha verza como pelo poxa cunha uña en cada pata ataviado co chaleque verde que loceu o ano pasado poxador, a estrela do luns, principal e último día da Festa da Uña.

Tracking Pixel Contents