Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O PP de Santiago denuncia as deficiencias do barrio compostelán de Sar

Aseguran que a ponte romanda «necesita actuacións de mellora no seu pavimento»

A concelleira do Partido Popular de Santiago Olaya Otero.

A concelleira do Partido Popular de Santiago Olaya Otero. / CEDIDA

Redacción

Santiago

A edil do PP Olaya Otero propuxo esta fin de semana diversas melloras no barrio de Sar para «facilitar a vida cotiá» da veciñanza «ante a falta de interese e a incapacidade de xestión que está demostrar o Goberno local». Otero defende que actual situación desta área compostelá «é lamentable, o mal estado das beirarrúas, tal e como nos traslada a veciñanza, é moi evidente e nalgúns puntos teñen, incluso, que transitar pola estrada, con risco que isto supón para os peóns».

A edil puxo o foco en que «un dos lugares que hai que arranxar, de forma urxente é o paso superior de madeira da rúa de Sar, que se converte nunha auténtica pista de patinaxe para os viandantes cada vez que chove». A concelleira asegura que «bastaría con aplicar un verniz antideslizante».

O PP fai tamén referencia a que «a ponte romana necesita actuacións de mellora, posto que o seu pavimento se atopa nun estado lamentable, e non son poucas as lousas que están completamente soltas». A edil critica que este estado da ponte supón «unha absoluta falta de respecto polo patrimonio da cidade».

Neste punto Otero denuncia que «o desleixo do Goberno local é tal que non son quen nin de escoitar aos veciños e veciñas dos barrios nos que eles mesmos viven», polo que se pregunta «que pode esperar a veciñanza doutras zonas do concello?». Asegura que dende o PP se ven «na obriga de pedir que o goberno atenda as necesidades da capital e lles dea resposta».

Tracking Pixel Contents