Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Refuxio de Bando mellorará as súas instalacións cunha partida de 90.000€

A achega que fai o Concello de Santiago ascende aos 50.000 euros

Bando pedirá axudas a outras administracións.

Bando pedirá axudas a outras administracións. / Jesús Prieto

Redacción

Santiago

O Concello de Santiago publicou este domingo na súa páxina web unha achega de 50.000 euros para a mellora das instalacións do Refuxio de Bando, do total de 90.000 euros que prevé investir a fundación que xestiona o centro de acollida de animais. 

O Goberno local indica que o resto de entidades locais que integran a Fundación Refuxio de Bando achegarán partidas de forma proporcional, así para este 2025 súmanse 88.002,26 euros repartidas desta forma, ademais dos 50.000 euros de Compostela: Teo 12.290; Padrón 6.148 euros; Brión, 5.435; Vedra 3.142 euros; Boqueixón 2.8426; Touro 2.123 euros; Dodro, 1.872; e o Concello de Trazo, 1.746,82 euros.

Estas achegas estimadas, que foron aprobadas en xuntanza extraordinaria do padroado, súmanse ás que se destinan para o funcionamento do refuxio, e no caso do Concello de Santiago, están orzados arredor de 360.000 euros para o funcionamento e o servizo de lacería.

Alén destas contribucións «o padroado acordou pedir axudas a calquera outra administración para cofinanciar as necesidades e actuacións do refuxio, para o cal foi habilitado o vicepresidente da fundación, o concelleiro Xesús Domínguez, para realizar a solicitude». Ademais, a dirección do refuxio deu conta das prioridades, como a adecuación dun despacho propio, unha actuación que dá cumprimento ás demandas de seguridade laboral.  

Tracking Pixel Contents