FINANCIAMENTO
O PSdeG acusa a Rueda de “maltrato económico” a Santiago por "intereses partidistas"
A deputada socialista Patricia Iglesias critica o “desprezo” da Xunta cara a Compostela e cuestiona o compromiso de Borja Verea coa cidade

A deputada socialista Patricia Iglesias denunciou este xoves no Parlamento o "maltrato económico" a Santiago por parte da Xunta / cedida
O Grupo Socialista galego acusou este xoves o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de “maltratar economicamente” a Santiago de Compostela "por razóns partidistas". Así o asegurou a deputada socialista Patricia Iglesias, quen denunciou no Parlamento galego o “abandono” da cidade por parte do Goberno autonómico, en liña co denunciado pola alcaldesa nacionalista Goretti Sanmartín nunha carta aberta á cidadanía publicada esta semana.
Goretti SanmartínCarta aberta da alcaldesa de Santiago de Compostela
Iglesias criticou con dureza o deputado popular e portavoz do PP local Borja Verea, ao que acusou de actuar con “hipocrisía” e de priorizar sistematicamente os intereses do Partido Popular fronte aos da cidade. “Non está para dar leccións de compromiso con Santiago cando cada vez que ten que escoller entre os intereses da cidade ou os do Partido Popular, escolle os segundos”, afirmou.
Borja VereaCarta aberta de Borja Verea aos composteláns
A parlamentaria sinalou como exemplo máis claro dese “desprezo” institucional o rexeitamento da Xunta a aumentar a contía que lle corresponde a Santiago polo seu Estatuto de Capitalidade. Tamén lamentou a negativa do PP a apoiar as emendas socialistas aos orzamentos autonómicos que propoñían máis investimentos en infraestruturas educativas, sanitarias, deportivas e en servizos de dependencia.
Iglesias puxo o foco na contradición do Executivo galego, que “usa Santiago como escaparate turístico para promocionar toda Galicia a través da marca Xacobeo, pero sen compensar en ningún momento ao concello polos efectos da masificación turística”.

“Sen a Catedral e sen a marca Compostela, é máis que probable que o PIB turístico galego non fose o que é hoxe", asegurou Iglesias / Antonio Hernández
Segundo destacou, o Concello só recibe fondos pola súa condición de capital política, cando Compostela “é tamén a capital cultural e social de Galicia, cun efecto dinamizador clave sobre o turismo en toda a Comunidade Autónoma”.
“Sen a Catedral e sen a marca Compostela, é máis que probable que o PIB turístico galego non fose o que é hoxe. É hora de que a Xunta deixe de aproveitarse da cidade sen darlle nada a cambio”, concluíu.
- Una compostelana hace historia al ganar un Latin Grammy: 'Quero adicarllo a miña cidade e a Galicia
- El juzgado autoriza a Pérez Rumbao a que adquiera los concesionarios del Grupo Yáñez
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- Rescate de película en Pontepedriña: los bomberos socorren a dos jóvenes atrapados en un edificio en llamas
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Los entrenadores de Ilia Topuria abren en Santiago su esperado gimnasio la semana que viene