Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Raxoi desvincúlase do VTC sen licenza detectado pola Xunta

O servizo deste vehículo produciuse durante a pasada asemblea do Grupo Cidades Patrimonio que se celebrou na capital galega

Un taxi transita pola cidade histórica.

Un taxi transita pola cidade histórica. / Jesús Prieto

Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago

A mediados do mes de marzo, Compostela acollía un encontro do Grupo de Cidades Patrimonio, xa que a presidencia do mesmo recae agora mesmo na alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín. A capital galega foi, pois, a sede dunha asemblea xeral deste grupo e nos últimos días coñeceuse que a Xunta de Galicia mandara un comunicado ao Concello de Santiago por un VTC –vehículo de transporte con condutor– para servizo dos rexedores que visitaron a cidade e que nun control de tráfico se identificara como fóra da legalidade e fora o Consistorio compostelán quen encargara ese servizo.

Segundo o comunicado da Xunta, ao que tivo acceso EL CORREO GALLEGO, «nun control realizado o pasado 14/03/2025 en Santiago, na parada de estacionamento de taxi» da estación de tren entre as 12.30 e as 14 horas foi detectado o vehículo, con autorización de arrendamento VTC con habilitación para prestar servizos urbanos segundo a aplicación SITRANG ata o 29/09/2022». O condutor informou así mesmo que prestara o día 13 servizo entre o aeroporto de Lavacolla e o Apartamento-H-Collection e que o arrendatario é o Concello de Santiago de Compostela.

A esta cuestión respondeu a concelleira de Capital cultural, Míriam Louzao, nunha comparecencia ante os medios, recoñecendo que o acontecido estivo relacionado co «grupo –de cidades patrimonio– nun deses servizos que tivo, un transfer, para as persoas que participaban» na asemblea xeral das Cidades Patrimonio. 

«O que adoita facer é poñerse en contacto cos departamentos de protocolo de cada concello para que se pasen contactos de empresas da propia cidade coas que traballar», explicou Míriam Louzao para aclarar que o acontecido neste caso fora que «dende o Concello de Santiago pasáronse contactos de varias empresas e parece ser que unha desas empresas coas que traballaron tiña un vehículo que non cumpría coa legalidade». Mais a concelleira asegurou que no Pazo de Raxoi non se sabía máis nada sobre esa cuestión.

Folga nos centros deportivos

A edil de Turismo fixo tamén referencia ao posicionamento do Goberno local en relación coa folga convocada para as fins de semana de abril nas instalacións deportivas da cidade

Fontes do Pazo de Raxoi informaron de que «o Concello lle comunicará á empresa cales son os servizos que cómpren para garantir a prestación das actividades imprescindibles».

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents