Goretti Sanmartín critica a tardanza das convocatorias da Xunta de Galicia
Problemas de axenda impedíronlle asistir á inauguración dasenda ciclista

Usuarios gozando do novo tramo da senda peonil e ciclista en Santiago. / Antonio Hernández

O pasado sábado a Xunta de Galicia inaugurou o tramo de Senda Verde, peonil e ciclista, que une a estación intermodal con San Caetano. Unha vía de 3,3 km que forma parte doutro viario máis amplo, co que se trata de unir O Milladoiro (Ames) e a capital galega. Unha inauguración na que participou o conselleiro de Presidencia, Diego Calvo; a conselleira de Vivenda, María M. Allegue; a directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela; e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez.
A única representación municipal nese evento foi a do portavoz do Partido Popular en Raxoi, Borja Verea. Pola ausencia de representación do Goberno local foi preguntada este luns a alcaldesa Goretti Sanmartín, afirmando que as relacións coa Xunta son «normais, de colaboración lóxica». Mais a rexedora tamén criticou que «ás veces dá a impresión de que a propia Xunta, non sei se non quere que vaiamos ou espera ata última hora, non se sabe moi ben con que intención».
Sanmartín referíase desta maneira a que segundo afirma o convite a esta inauguración por parte da Xunta chegou o pasado venres ás 13 horas, sen tempo para reargonizar as axendas, e aclarou que «todo o mundo ten que comprender que a alcaldesa teña a súa axenda, os concelleiros e concelleiras tamén teñen a súa e creo que non son esas as mellores maneiras», en referencia á convocatoria da Xunta.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”
