A Casa das Mulleres Xohana Torres incorpora o asesoramento LGTBIQ+
A adxudicación do contrato por dous anos recaeu na empresa Deloga

Teresa Furelos e Goretti Sanmartín. / CONCELLO
Redacción
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presentou este martes detalles da adxudicación do servizo e asistencia técnica para a coordinación da Casa das Mulleres Xohana Torres e do servizo de asesoramento LGBTIQ+ que vai asumir agora esta entidade.
A rexedora, acompañada da directora do CIM –Centro de Información ás Mulleres–, Teresa Furelos, destacou que este equipamento se sitúa como espazo de referencia, con programación e atención regular para dar resposta ás demandas das entidades feministas e LGTBIQ+. Como principais novidades, o centro prestará atención presencial e en remoto en horario de 9 a 19 horas, ademais de contar con servizo de asesoramento LGBTIQ+.
A xunta de goberno local aprobou a adxudicación do contrato de servizo e asistencia técnica para a coordinación da Casa das Mulleres Xohana Torres á empresa Deloga –Desenvolvemento Local Galego–, por un importe de 142.230 euros e para unha duración de dous anos.
«Culminamos así o proceso de licitación co que apostamos por converter a Casa Xohana Torres nun espazo de referencia, con programación e atención regular, que incorpore entre os seus servizos o asesoramento LGBTI, un compromiso político que adquiriu este Goberno recollendo así unha das demandas do movemento asociativo LGBTI do noso concello», explicou a rexedora.
A Casa Xohana Torres vai estar agora xestionada por un equipo multidisciplinar formado por seis perfís profesionais: unha coordinadora xeral, unha persoa especialista en políticas de xénero, unha de comunicación e unha educadora social. Para a atención específica do Servizo de Asesoramento LGBTI, vaise contar con servizo de asesoría xurídica e psicoloxía e todos os perfís profesionais que se incorporen á casa deberán ter formación específica en igualdade.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a desalojar el edificio: 'Se escucharon explosiones en la cubierta
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados
