Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Mercedes Rosón pide abordar "urxentemente" a expropiación forzosa de Sargadelos

Incide en que existe unha xustificación fundamentada no interese social e utilidade pública que esixe a lei de expropiación forzosa, recordando ademais a declaración da fábrica como BIC no 2014

Rosón, Muíños, Castro e Álvarez junto a la escultura de Díaz Pardo en la Alameda

Rosón, Muíños, Castro e Álvarez junto a la escultura de Díaz Pardo en la Alameda / CEDIDA

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

Tralo anuncio do cese da actividade da planta que Sargadelos ten en Cervo (Lugo), xorden desde Santiago as primeiras voces que reclaman abordar “urxentemente” a expropiación forzosa da mesma.

Así, e desde o Grupo Municipal Socialista, Mercedes Rosón asegura que este tema, aínda que transcende o debate local, é unha "cuestión de país na que a capital de Galicia ten que amosar un posicionamento claro" e, especialmente, segundo recalcou, “cando o xerme de todo o enorme legado artístico e cultural de Isaac Díaz Pardo, que supón Sargadelos, tivo a súa orixe no obradoiro da rúa das Hortas do seu pai”.

"É aquí onde comezou a escribirse a historia do brillante e polifacético Díaz Pardo e, tamén desde aquí, debemos alzar a voz para esicirlle ao gobermo galego que actúe", asegurou a edil socialista.

Segundo informan os socialistas nun comunicado, a moción que presentarán aspira a converterse en declaración institucional, polo que Rosón anima ao resto de forzas políticas con presenza en Raxoi a sumarse á iniciativa coa que insta ao executivo galego a servirse da lei de expropiación forzosa para garantir a continuidade da fábrica.

BIC no 2014

Unha expropiación que, segundo insisten os socialistas, está fundamentada "no interese social e a utilidade pública" que esixe a propia normativa. Poñendo o foco no recoñecemento que a fábrica de Cervo ostenta como Ben de Interés Cultural (BIC) dende o 2014, Rosón sérvese de devandita declaración para potenciar a súa proposta.

Segundo recordan os socialistas, no propio texto da declaración abúndase na importancia da actividade industrial e da necesidade de que "calquera figura de protección garanta o seu desenvolvemento normal e mesmo posibilite o seu crecemento e ampliación sustentable dentro dunhas adecuadas condicións para a conservación dos seus valores culturais”.

Fundamental na historia galega

A edil socialista recalcou ademais que a continuidade da fábrica supón tamén preservar “parte importante da historia de Galicia e de Compostela”, poñendo en valor non só a riqueza patrimonial, senón tamén no patrimonio inmaterial “que supón e representa para o noso país”.

Neste senso, Rosón reclama á Xunta de Galicia que lidere o proceso, pedindo tamén a implicación do goberno do Estado e, en especial, do Ministerio de Cultura e Turismo.

Tracking Pixel Contents