Viaxe á creación contemporánea portuguesa dende a compostelá rúa do Vilar
A Oficina de Turismo Porto e Norte de Portugal da cidade histórica acolle unha mostra fotográfica de Lais Pereiras enmarcada na programación Braga25 Capital da Cultura

Joana Meneses e a fotógrafa Lais Pereira. / Antonio Hernández

Dende o pasado 25 de xaneiro, a cidade portuguesa de Braga ostenta o título de Capital Portuguesa da Cultura, un proxecto cultural e artístico que vai desenvolver actividades durante o todo ano na procura de difundir a creación contemporánea lusa e fortalecer lazos creativos con Europa e, nomeadamente, coa Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Nesta iniciativa enmárcase a exposición que pode visitarse até o 30 de abril na Oficina de Turismo de Porto (rúa do Vilar, 30) de luns a venres entre as 10 e as 17.30 horas.
A autora das fotografías que poden verse na mostra é Lais Pereira, que en conversa con EL CORREO GALLEGO explica que «as imaxes que vemos aquí son da cidade, que acolle e representa a cultura de Portugal, mais dunha cidade que tamén se imaxina, así que ademais propoño un conxunto de desexos, de soños para esa cidade». Unha exposición na que non se pode fuxir de retratar monumentos pero estes non son «representacións turísticas de Braga, xa que non son fotografados da forma máis obvia, senón dunha maneira máis informal, máis cotiá», engade Pereira.
Capital Portuguesa da Cultura
Lais Pereira comezou a participar nas actividades e na preparación de Braga25 no ano 2020. Naquela altura, lembra, «preparábase a candidatura de Capital Europea da Cultura 2027», que finalmente gañou a cidade de Évora, así que o proxecto bracarense pasou a ser Capital Portuguesa da Cultura.
A súa coordinadora executiva, Joana Meneses, explica que o proxecto se iniciou en 2018, «un proceso moi profundo, moi intenso, de mobilización da comunidade bracarense, dos artistas, dos axentes do territorio pero tamén fóra del». E coa ollada no exterior o obxectivo marcado non foi só traballar coa cidade de Braga, «a Capital Europea da Cultura, queríamos tamén traballala no nivel da eurorrexión, encontrando puntos comúns con Galicia».
E, precisamente un deses puntos comúns é o que motivou a viaxe da exposición dende Braga até o local da rúa do Vilar. «Hai moitos elementos comúns entre a cultura do Norte de Portugal e a cultura galega, moitas proximidades», defende Meneses, que tamén pon sobre a mesa unha característica do municipio de Braga que a aproxima aínda máis a Compostela. «Esta exposición mostra un plano alternativo daquilo que é a cidade de Braga, que é máis do que é obvio para quen nos visita, para os turistas, e que é unha cidade moitas veces con dicotomías entre o rural e o urbano, entre a tradición e a innovación».
Presenza galega en Braga25
No primeiro trimestre xa pasaron por Braga algúns artistas coma Caamaño e Ameixeiras ou Suelen Estar Quartet. Unha programación que se desenvolverá no Theatro Circo pero tamén no espazo público, como é o caso festival de arquitectura e arte Forma da Vizinhança, que vai ter lugar neste segundo trimestre de 2025 e no que, entre os oito arquitectos convidados cos que se vai contar, estará Manuel Bouzas, coordinador da delegación española que estará presente na Bienal de Venecia.
Pero Braga25 vai moito máis alá e tamén programará no Cinex, Festival de Cinema Expandido, onde se vai contar coa presenza das galegas Antía Carreira e Bea Saiáns.
- Encuentran el cadáver de un hombre encadenado y sumergido en aguas del puerto de Ribeira
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- Galicia quiere convertirse en el gran plató de las películas y series que se rueden en España
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión
- Alumnado del Xelmírez II recogerá esta semana su premio tras triunfar en Enreguéifate
