Santiago
O Concello de Santiago licita a renovación de tres vehículos de bombeiros por 1,5 millóns de euros
Trátase dun camión autobomba pesado de primeira saída, unha autobomba urbana lixeira, e un vehículo lixeiro eléctrico para inspección operativa

Vehículos de bombeiros na Praza do Obradoiro de Santiago / Cedida

O Concello de Santiagoaprobou este luns en Xunta de Goberno a licitación para adquirir de tres novos vehículos para o Servizo de extinción de Incendios e salvamento por un orzamento total de case 1,5 millóns de euros. O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, explicou que esta adquisición “permitirá renovar vehículos que superan os 20 anos de antigüidade, mellorando as prestacións e posibilidades funcionais do servizo de bombeiros”.
Concretamente, Raxoi vai adquirir un camión autobomba pesado de primeira saída, unha autobomba urbana lixeira, e un vehículo lixeiro eléctrico para inspección operativa. Duro destacou que a compra "servirá tamén para mellorar as condicións de seguridade dos propios traballadores”.
Ademais, o edil apuntou “esta adquisición trae aparalleda a renovación de moito material que vai incorporado nos propios vehículos, permitirá ter duplicidade de medios para atender dúas intervencións similares ao mesmo tempo, e abre a posibilidade de liberar un vehículo que será destinado a uso específico do rural”.
Características dos vehículos
A autobomba urbana pesada é un vehículo de primeira intervención que deberá ser construído, carrozado e equipado específicamente para o Concello de Santiago. Terá unhas dimensións máximas de 7,3 metros de longo, 2,360 de ancho, e 3,3 metros de altura total, incluído o equipamento. O orzamento para este camión será 774.400 euros (IVE incluído) e o prazo máximo de entrega a partir da firma do contrato será de 16 meses.
O segundo lote da licitación aprobada este luns é para a compra dunha autobomba urbana lixeira, cun presuposto de 636.460 euros (IVE engadido) e un prazo de entrega tamén de 16 meses. Será un vehículo cunha masa máxima autorizada de 16.000 kg, e cunha distancia máxima entre eixos de 3,5 metros.
Por último, o expediente de licitación inclúe a compra dun vehículo lixeiro eléctrico para inspección operativa, cun orzamento de 81.680,48 euros (con IVE). Trátase dun automóbil auxiliar de salvamento, que terá un prazo máximo de entrega de seis meses desde a sinatura do contrato.
Outros asuntos
A Xunta de Goberno tamén deu luz verde ao proxecto da ordenanza de xestión dos residuos de competencia municipal do Concello de Santiago, que o goberno detallará nos próximos días. Do mesmo o xeito adxudicouse o contrato para a instalación de contedores de recollida de aceite de cociña usado á empresa East West Productos Textiles, que oferta un canon de 15.200 euros a aboar ao Concello.
O executivo municipal tamén tomou coñecemento da solicitude á Deputación da Coruña dunha axuda provincial de 5.384,04 euros para o financiamento dunha serie de espectáculos da Rede Cultural 2025 da Deputación que percorrerá os centros socioculturais de Santiago. O custe total será de 17.946,80 euros, polo que o 70% procederá dunha achega municipal.
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Santiago elige estos dos días como sus festivos locales en 2026
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- La historia del peor asesino de Santiago: cuatro muertos en Marrozos
- Raxoi explicará a los vecinos las nuevas restricciones en la zona vieja que ‘vetan’ negocios turísticos
- Conciertos de noviembre en Santiago


