CANTAREIRAS
A homenaxe do Museo do Pobo Galego ás gardiás da música tradicional de Galicia
Unha ampla programación súmase aos actos polo Día das Letras Galegas que este ano se lles dedica ás cantareiras

O grupo de pandeireteiras Bouba actuará o 14 de xuño no xardín do claustro do Museo do Pobo Galego / cedida
O Museo do Pobo Galego súmase este ano con entusiasmo á celebración do Día das Letras Galegas cun tributo ás cantareiras, as portadoras das voces que mantiveron viva a poesía popular galega. Durante séculos, as mulleres que transmitiron as melodías do pobo galego foron as que tamén lograron conservar e fixeron perdurar as súas tradicións orais, sendo fundamentais na preservación da cultura e da identidade de Galicia.
No marco da celebración do día no que se exalta a lingua de Galicia, a exposición "Cantareiras. Oralidade, creación, transmisión", que se inaugura este venres 11 de abril no Museo do Pobo Galego, será o epicentro dunha programación repleta de actividades que ofrecerá un percorrido pola historia da poesía popular galega e a súa vitalidade actual. Tanto a mostra como as actividades subliñan o papel central das mulleres como gardiás do patrimonio inmaterial galego, co obxectivo de dar a coñecer tanto ás grandes figuras da tradición como ás moitas anónimas que mantiveron esta cultura viva.
“Un traballo meticuloso que parte do coñecemento especializado e do labor de investigación desenvolvido polo equipo técnico do Museo para celebrar, difundir e dignificar este valiosísimo legado patrimonial", apuntaba na presentación desta programación a presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego. Concha Losada tamén destacou que "É unha oportunidade para visibilizar o papel non só das cantareiras homenaxeadas especificamente, senón tamén de todas aquelas outras persoas, mulleres na súa meirande parte, cuxos nomes non trascenderon malia seren garantes da supervivencia dese legado durante todos estes anos”.
Programación completa
- Inauguración da exposición Cantareiras (11 de abril, 19:00 h): O evento de apertura contará cunha actuación musical de Rosario e Carme das Marías, nai e filla, cantareiras de raíz e integrantes do grupo Raigañas.
- A voltas co baile - Cantar para bailar (26 de abril): Neste obradoiro, as mestras cantareiras de diversas localidades galegas compartirán as súas experiencias e as particularidades dos bailes de pandeireta das súas localidades de orixe. A conversa estará introducida e guiada por Beatriz Busto, etnomusicóloga e autora do libro As pandereteiras de Mens.
- Obradoiro Prende no colo (8 de maio): Pensado para os máis pequenos, nesta xornada os nenos e nenas aprenderán cantigas tradicionais, xogos de mesa e cancións infantís que afondan na linguaxe e no ritmo da tradición galega.
- Concerto das Bouba (14 de xuño): O grupo de pandeireteiras Bouba, formado por varias intérpretes de tradición, presentará o seu traballo Termando os Marcos no Xardín do Claustro do Museo.
- Visita cantada e concerto de Do Rivés (6 de xullo): Unha visita guiada pola colección permanente do Museo, rematada cun concerto de Do Rivés, formado polas pandeireteiras Hadri e Jenni Felpete, dúas figuras imprescindibles na preservación da música popular.
- Espectáculo audiovisual 586 cantos (27 de setembro): O ciclo pecharase cun espectáculo audiovisual que mestura historia, patrimonio e música, creado a partir do Arquivo do patrimonio Oral da Identidade do Museo, coas interpretacións de destacados músicos galegos.
Por que se lles dedica o Día das Letras Galegas ás cantareiras?
A elección das cantareiras como protagonistas do Día das Letras Galegas non é casual. A súa figura foi crucial para que a poesía popular oral galega chegase viva até os nosos días, a maioría a través do Cancioneiro popular galego elaborado por Dorothé Schubarth e Antón Santamarina. A través de súas voces, que foron portadoras e transmisoras dunha sabedoría colectiva, as cantareiras mantiveron un saber inmaterial que se transmitiu de xeración en xeración. O Museo do Pobo Galego recolle nesta homenaxe o legado destas mulleres, recoñecendo tanto ás grandes figuras da tradición como ás anónimas que fixeron posible que a música propia de Galicia non se perdera co paso do tempo.
- El gallego licenciado en la USC por el que apuesta RTVE para presentar ‘Directo al grano’ tras los cambios de Javier Ruiz, Jesús Cintora y Gonzalo Miró
- La profesora compostelana que encontró su lugar en Australia: 'En Galicia deberíamos vivir más enfocados en nuestra naturaleza
- La Panadería Moure dice adiós a Pontepedriña tras más de 70 años: «Los clientes venían porque les gustaba nuestro pan, pero también por el trato»
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- Un vehículo se sale de la vía en una calle de Santiago, se empotra contra un banco y deja varias personas heridas
- Cuatro orquestas y diez conciertos: la gran verbena con Los Satélites que llega esta semana a 30 minutos de Santiago
- La reina de las flores: un recuerdo a María Pardo
- Los compostelanos que resisten a la presión turística: vivir y trabajar en la zona vieja de Santiago


