Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O PP pide a retirada duns colectores da Fonte de Santo Antonio que «xeran insalubridade»

Están situados á altura do número 25 desa rúa, ás portas da cidade vella, e dende o grupo popular denuncia que sempre están ateigados de lixo

Estado dos colectores do lixo situados na Fonte de Santo Antonio á altura do número 25.

Estado dos colectores do lixo situados na Fonte de Santo Antonio á altura do número 25. / CEDIDA

Redacción

Santiago

O Partido Popular de Santiago, a través da concelleira, María Baleato, solicitoulle este luns ao Goberno local que «proceda á retirada dos colectores do lixo que se atopan pegados ao inmoble da rúa Fonte de Santo Antonio, 25. Unha reclamación que o grupo municipal popular recolle da veciñanza da residente nesa zona. 

«A veciñanza vén amosándonos o seu malestar dende hai tempo, xa que estes colectores están, case sempre, cheos de lixo, luxan as paredes do inmoble ao que están pegados e deterioran gravemente a hixiene e a imaxe desta rúa», explicou María Baleato. 

A concelleira popular destacou que «nestes colectores figura, expresamente, o horario de depósito, que é de 21 a 22.30 horas, pero a realidade é que alí hai lixo toda a xornada, o que provoca cheiros moi desagradables e, o que é máis preocupante, xera insalubridade para os residentes e para a xente que por alí pasa ao longo do día, podendo atopar, en calquera ocasión, ás ratas paseando pola rúa».

O grupo municipal popular, na voz da concelleira Baleato quixo remarcar na súa comunicación que «tras varias queixas» xa realizadas «o Goberno municipal amósase incapaz de atopar unha solución a esta problemática e, mentres tanto, a veciñanza e os visitantes que pasan por esta rúa, situada na entrada da cidade histórica, «seguirán soportando a mestura indiscriminada do lixo, o depósito a calquera hora do día e falta de hixiene e salubridade», destacou a edil popular.

Tracking Pixel Contents